luns, 24 de febreiro de 2020

Día de Rosalía- 24 Febreiro

Hoxe celébrase o Día de Rosalía de Castro, escritora símbolo de Galicia e autora de obras inmortais que denunciaban todas as inxustizas ás que estaban sometidas todas as persoas. Nas súas obras reflectiu a situación desa Galicia dolorida e maltratada, desangrada pola emigración, pola pobreza da poboación galega ou a precaria situación laboral que sufrían algúns dos seus habitantes fora da comunidade.
 Os galegos empezaron a facer as maletas dende o S. XVIII. Máis dun millón e medio de galegos tiveron que abandonar a súa terra para poder sobrevivir, chamábanlles emigrantes. Por desgraza a historia repítese aínda que por outros motivos, dado que nos últimos anos moitos dos xóvenes galegos universitarios tiveron que facer o mesmo que os seus ancestros para poder cumprir os seus soños.

 Por iso, este ano no CEIP A Cristina, quixemos conmemorar a súa obra relativa á emigración. Todas as aulas do centro traballaron distintos poemas de dita temática que hoxe compartimos con todos vós.











 No seguinte vídeo podedes ver a montaxe elaborada polo EDLG dalgúns dos poemas traballados .




Lembrade que no expositor da biblioteca do centro tedes á vosa disposición algunhas das obras de Rosalía así como distintos exemplares da súa biografía.




FELIZ DÍA DE ROSALÍA A TODOS E TODAS.

sábado, 22 de febreiro de 2020

Entroido na Cristina!

Onte celebramos a festa de entroido  relacionado este curso co noso Proxecto de Centro "Os Xogos Olímpicos" pero sen esquecernos da nosa riqueza cultural galega que este curso foi dedicada a uns personaxes moi característicos cos que decoramos o noso centro, os Peliqueiros.


Todas as clases do colexio elixiron o seu deporte preferido a representar e ao longo de toda a semana grazas ás ordes do Meco fomos moi ben preparados!!!!

Grandes e pequenos desfrutamos ao máximo da festa e do desfile, e tan ocupados estabamos pasándoo ben que apenas lembramos sacarnos fotografías para a lembranza!!!!

Por iso, a continuación podedes ver algunhas das imaxes de onte, onde non estamos todos os que somos pero as poucas que temos demostran o éxito do acontecido! 

Agardamos que todas as familias o pasaran tan xenial coma nós!!! Grazas por participar e animarnos tanto!


Vémonos o vindeiro xoves, mentres....a seguir desfrutando do entroido!!!!

mércores, 19 de febreiro de 2020

luns, 17 de febreiro de 2020

Visitamos Canosa Onda

Polo Día da Radio tres representantes do CEIP A Cristina visitamos as instalacións de radio do CEIP Canosa-Rus. Alí coñecemos o funcionamento da radio escolar, o seu proxecto e a súa biblioteca. 

Fomos convidados para facernos unha entrevista e compartir con eles o noso traballo sobre o humor e os deportes e que hoxe queremos compartir con vós.

Agardamos que o desfrutedes.





Mandados do Meco: Martes

Continuamos....


sábado, 15 de febreiro de 2020

Mandados do Meco

Comezamos a semana do Entroido, unha das nosas semanas preferidas do curso, e nesta ocasión o Meco da os seus mandados relacionados co noso proxecto anual de centro "Os xogos olímpicos".

Estade moi pendentes cada día pois as súas ordes publicaranse o día anterior, e lembrade que son acumulativas.

Preparados......
Listos......
Xa!!!!


Comezamos:





Contacontos polo Día do Amor e da amizade

Hoxe na biblioteca, as alumnas e alumnos de infantil recibimos a visita de Natalia, a nai de Marcos, que veu contarnos unha fermosa historia de amor, "Unha parella diferente", na que un crocodilo e unha xirafa namorados tiveron que padecer as miradas, burlas e comentarios dos seus veciños e achegados.






E rematamos a sesión  cantando todos xuntos unha preciosa e sabia canción de Maria Fumaça "Eu teño alguén".





 Encantounos!! Agardamos que volvas repetir moi pronto. 
Moitísimas grazas!!!!



Lembrade que aínda tedes a vosa disposición outras fermosas lecturas no expositor da biblioteca que chegarán ao máis profundo do voso corazón.


venres, 14 de febreiro de 2020

14 de febreiro, Día do Amor e da Amizade.

Hoxe celébrase o Día do Amor e da Amizade , un día no que debemos lembrar a importancia do agarimo, o respecto e a solidariedade aínda que debemos celebralo cada un dos días da nosa vida.

Por iso este curso gustaríanos dedicalo as nosas alumnas e alumnos de 6º de infantil e de 6º de primaria, dado que para o vindeiro curso darán un gran paso na súa vida: uns cambian de etapa pasando da infancia á nenez, de infantil a primaria, mentres que  outros pasan da nenez á adolescencia, de primaria a secundaria.

Entre ambas aulas levan forxando unha gran relación de amizade nos últimos tres anos a través dos apadriñamentos lectores, da súa compaña durante as lecturas ao sol, coidando e deixándose coidar durante os patios e os recreos na biblio.

Dín que os amigos son os irmáns que se poden elixir, e como podemos ver a continuación este dito ten moita razón...


                     



Feliz día do amor e da amizade a todas e todos!

xoves, 13 de febreiro de 2020

Día Mundial da Radio





Hoxe, 13 de febreiro, celébrase en todo o mundo 
o Día da Radio.

Aínda que esta conmemoración instaurouse en novembro do ano 2011,  a súa data ven conmemorar o 13 de febreiro de 1946 xa que foi o día no que se deu vida á Radio das Nacións Unidas con tres obxectivos fundamentais: concienciar á xente e aos medios sobre a importancia da radio, proporcionar información accesible a todos e todas e mellorar a cooperación entre o mundo.

Como xa sabemos, a radio segue a ser un dos medios de difusión e comunicación máis importante  e no CEIP A Cristina queremos darlle cabida dentro da educación e aprendizaxe dos nosos alumnos e alumnas.

Por isto, hoxe queremos compartir con vós un podcast creado entre todas as aulas do centro baseado no proxecto anual "Os xogos olímpicos e o deporte" pero dándolle un toque de humor.

Escoitade, escoitade.....


sábado, 8 de febreiro de 2020

Cogami: talleres a prol da igualdade

Esta semana, no CEIP Plurilingüe A Cristina desfrutamos coa visita de dúas traballadoras da Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) .

Durante toda a semana pasaron polas distintas aulas do centro realizando contacontos , actividades sensoriais e outras dinámicas de sensibilización con material adaptado a través das cales puidemos poñernos na pel de persoas con discapacidade.

Moitas grazas pola vosa visita e por deixarnos ben claro que  a diversidade que existe na nosa sociedade é riqueza, que todas as persoas somos diferentes e todas temos capacidades.

Compartimos con vós algunhas imaxes das distintas xornadas.


venres, 7 de febreiro de 2020

Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia

O vindeiro 11 de febreiro, celébrase o: 

  Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia 

declarado pola ONU "coa finalidade de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademais para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e nenas."

Aínda que queda moito por avanzar, cada día damos un paso máis na visibilización e recoñecemento das mulleres que fixeron e fan historia no campo da ciencia, entre outros ámbitos.

Por mor desta conmemoración, na biblioteca do noso centro tedes a vosa disposición unha serie de libros recomendados para coñecer un pouco máis destas grandes figuras femeninas da nosa ciencia.

Pasade a consultalos!!!