domingo, 17 de outubro de 2021

DÍA DAS ESCRITORAS



      Un ano máis, conmemoramos o DÍA DAS ESCRITORAS, o 18 de outubro, e co gaio desta festa da escrita, a comisaria para esta edición, Marifé Santiago Bolaños, fai esta interesante reflexión: 

 "Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda."

    Dende a Biblioteca, contribuímos a esta conmemoración facendo unha selección de libros escritos por mulleres que levamos ás aulas, e coa recomendación de non deixar de soñar e indagar na procura do noso libro, ese que foi expresamente escrito para nós. 





Novidades na Biblio!!

   Estamos "que lo petamos"!!

   Acabamos de recibir novos libros da editorial SM. Con algúns aprenderemos  sobre as máquinas e a súa evolución ata chegar a Internet, medios de transporte, marabillas da antigüidade....Divertirémonos xogando coas palabras, escribiremos a carta aos Reis Magos.... e tamén gozaremos de novas aventuras dos nosos xa coñecidos "Futbolísimos" , "Forasteros del Tiempo" e "Rasi".

   Ahhhhhh! Nesta ocasión Rasi quixo presentarse ! Mirade que guapo saíu na foto:







xoves, 14 de outubro de 2021

Revista "O PAPAGAIO"




 E con outubro, chegou  "O Papagaio" !!   Unha revista  superchula que vos gustará a tod@s !

E sabedes que?  Esta revista ofrécenos todo isto:


    Con esta introdución, seguro que xa estades desexando botarlle unha ollada. Irémola pasando por todas as aulas, e cada mes teremos unha nova. Esta portada é a de outubro. A que mola?





luns, 4 de outubro de 2021

Benvidos e benvidas ao curso 2021 / 2022

 

Aquí estamos de novo, Nuna e Nuno para acompañarvos un curso máis na nosa Biblioteca.  

A Biblio trae novidades  moi chulas! Xa veredes que cómodos imos estar e que ben pasaremos o tempo facendo voar a nosa imaxinación mergullados na viaxe das palabras. Este ano, o lema das Bibliotecas Escolares é “A Biblioteca Escolar ten a Palabra”, polo que traballaremos a comunicación oral e escrita a través da Arte.



A biblio xa está en marcha. Como vedes, os máis pequenos xa poideron gozar dos libros na Biblio, mentres que os maiores o fixeron a través das Bibliotecas de aula.

6ºA



4º Infantil











Recordade que é necesario seguir as medidas sanitarias para o uso dos libros, aquí atopades un enlace ao Protocolo Biblioteca onde se explica como manipular os libros, como son os empréstitos e devolucións, o aforo e a organización do espazo.

 

Feliz Bibliocurso a tod@s !!!!