sábado, 15 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS

 Foron varias as actividades que se levaron a cabo ao longo da semana no centro: elaboración dun mural, recitado de poemas, carreira pola lingua... compartimos uns vídeos onde se recopilan todas estas actividades.







xoves, 13 de maio de 2021

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN: LETRAS GALEGAS

Nuns días celebraremos as letras galegas, este ano adicadas a Xela Arias. O longo desta semana as familias foron convidadas a compartir as súas lecturas dende a casa ou dende a biblioteca.
Coma sempre que facemos propostas a resposta pola vosa parte é marabillosa e agradecemos un montón poder contar con vós. 

Mostrámosvos os recitados destes días, moitos decantáronse pola obra da homenaxeada este ano, pero tamén hai poesía de Manuel María e de Rosalía de Castro.

Da clase de 1º de EP:

Noa

 Mateo

Laura

Germán

Álvaro

Da clase de 2º:

Carme

Luna

Valentina

Borja

Da clase de 3º de EP:

Desirée

Carmen

Da clase de 6º de EP:

Anxo



As familias de infantil tamén participaron, pero dun xeito un pouco diferente, viñeron ao cole para lerlle aos compañeiros do seu fillo/a. Mostramos unhas fotos destas lecturas:

4º EI

5º EI

6º EI

MOITAS GRAZAS!



martes, 11 de maio de 2021

ENCONTRO VIRTUAL CON ÉRICA ESMORÍS

 O alumnado de 3º e 4º de educación primaria tiveron un encontro virtual con Érica Esmorías, autora do libro "Patio de Luces". Unha nova adaptación aos tempos do Coronavirus, para poder coñecer máis de cerca a esta escritora.

                                                

     






martes, 4 de maio de 2021

DÍA CONTRA O ACOSO

E aquí temos o resultado da actividade proposta dende o equipo de convivencia, xuntos prohibiremos o acoso escolar. Pinchade no enlace para acceder ao vídeo que tamén se mostra na páxina web do centro.



UNIDOS CONTRA O ACOSO

domingo, 2 de maio de 2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio é o Día Mundial contra o acoso escolar, un grave problema que afecta a millóns de escolares en todo o mundo e que causa unhas 200 mortes de forma directa cada ano. Esta iniciativa, nacida no ano 2013 a partir da presentación do Dr. Javier Miglino, fundador da ONG Bulling Sin Fronteras, foi aprobada pola UNESCO o mesmo ano, co fin de axudar á concienciación deste problema. 

Para traballar sobre este tema tan importante NUNO aporta unha selección de libros que xa están repartidos polas aulas:


Ademais dende o equipo de convivencia proponse unha actidade para levar a cabo o luns, para axudar a concienciación do alumnado sobre a importancia de actuar nos casos de acoso, buscando identificar o acoso escolar e PROHIBILO. Nas aulas tamén se traballarán propostas de COGAMI.