Ola lectores e lectoras,
Nuno e Nuna deséxanvos que pasedes un gran Días das Letras Galegas
Co gaio de conmemorar o Salón do Libro de Pontevedra, co lema para este ano
"Libros para xogar"
a biblioteca Rego da Balsa, convidounos a participar na exposición de traballo relacionados co xogo.
Nós levamos todo o atrezzo relacionado co Entroido, xa que o noso tema foi "Os cociñeiros xogan na Cristina", os carteis dos vídeos dos Xogos tradicionais da nosa visita ao Museo Melga e obradoiros de escrita, todo elaborado polo alumnado de 3º e 4º de primaria.
E para entender un pouco mellor que é iso de Europa e a nosa relación con ese continente, propoñemos dous libros moi sinxelos que nos van axudar.
Ola lectores e lectoras,
Nesta ocasión podedes ver os marabillosos xogos con contos que desfrutaron na aula de 4 anos.
A partir de contos que xa coñecen, traballaron a conciencia fonolóxica e a memoria, relacionando palabras significativas do conto coa súa portada e cos personaxes ou accións dos mesmos.
Ola lectores e lectoras,
O alumnado de Educación Infantil desfrutou esta semana dos "Contos en famlia", actividade na que as familias se animaron a contar un conto na aula do seu fillo/a na "Hora de ler".
Moitas gracias a todas as familias pola vosa colarobación.
Pedimos desculpas ás que, por falta de tempo no cole, non foi posible que participaran na actividade.
Ola lectores e lectoras,
Seguindo coa conmemoración da Semana do Libro, outras das actividades que tivo moito éxito foi o Apadriñamento lector, onde o alumnado de maior idade lle contou contos ao alumnado de menor idade.
Neste video podedes ver o contentos e contentas que estaban todos e todas. Temos que repetir!
Ola lectores e lectoras,
A rapazada de 3º e 4º de Educación Primaria desfrutaron esta mañán dunha sesión de animación á lecura coa autora do libro "As Pombas de Bastián", María Canosa. Ata houbo firma de autógrafos!
En RADIO CRISTINUNA, seguimos coa nosa sección :
Recomendacións LectorasNesta ocasión foi a quenda do alumnado de 3ºe 4º de primaria.
Valeria, Iria e Victoria "puxéronse nas ondas" , contándonos a súa experiencia sobre a lectura deste trimestre "As Pombas de Bastián", e ademais, aproveitaron para darnos unha pincelada do seu traballo monográfico sobre a autora, María Canosa.
Por suposto, co apoio do equipo técnico: Lucía e Adrián!
Ola lectores e lectoras,
En relación coa entrada anterior, o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria puideron desfrutar dunha amena sesión de animación á lectura con Pere Tobaruela, autor do libro "Formigas. Misión Rosalía", co que estiveron traballando na aula.
Durante esta semana de festexos "libreros", tivemos como protagonista a este exemplar que o alumnado de 5º e 6º de primaria estiveron a traballar.
Non podedes perdela!
Ola lectores e lectoras,
Seguimos ampliando a oferta de exemplares na biblioteca. Nesta ocasión son para a etapa de Educación Primaria e esperamos que os desfrutedes.
O alumnado de 5º e 6º de Primaria, gozaron vendo as marabillosas novidades lectoras que nos trouxo a encantaadora Lola de Librería Aenea.
Lola é uha muller que enfeitiza coa súa pasión pola lectura ata deixarnos absolutamente engaiolados escoitándoa. Houbo comentarios do alumnado como:
-" Así que divertido é aprender"
- "Pero todo iso está nos libros?"
- "Eu quero xogar á Vacaloura e así sírveme para repasar lingua"
- "Que animaliños máis cuquis!"
- E daquela, nese libro, os sons son de verdade? Podemos escoitar o libro?"
Quedamos fachendosos de poder contar cunha actividade tan atractiva que incita aos nosos nenos e nenas a mergullarse con verdadeiro interese pola lectura.
Ola lectores e lectoras,
Os nenos e nenas de Infantil e 1º ciclo de Primaria poideron desfrutar da visita de Ana Meilán, autora de varios contos que nos encantan.
"Bágoas debaixo da cama" e "Oito patas" foron os elexidos para estas sesións de contacontos.
Moitas gracias por facernos desfrutar coa lectura!
Ola lectores e lectoras,
Presentamos a sección "Cantacontos na Cristina" en Radio Cristinuna.
Nesta ocasión, os nenos e nenas de 3 anos cántanvos o conto "Lúa", da editorial Kalandraka
Escoitade que ben o fan!
PINCHA NA IMAXEN PARA ESCOITAR