luns, 16 de xuño de 2025

TEATRO DE SOMBRAS

 Fai uns días anunciábamos o final do obradoiro de teatro de sombras e aquí tedes o resultado do primeiro pase:

Pincha en cada título para ver o vídeo:










venres, 6 de xuño de 2025

TEATRO DE SOMBRAS

 No marco de BIBLIOTECA CREATIVA, a noso obradoiro de TEATRO DE SOMBRAS, chega ao seu remate.

Despois de moitas xornadas de cociña, elaborando os guións, as siluetas , a iluminación, as entradas, e os ensaios, chega o momento da representación, amosando con moita fachenda o resultado.



Poderedes visualizar o noso traballo na biblioteca do centro, ao que se acudirá por niveis. E mentres seguimos coa última fervedura, aquí vos deixamos  un entrante. A que semella interesante?


CLUB DE LECTURA

Despois duns  meses de grandes debates no club de lectura o pasado martes tivemos un encontro final cos dous clubs para compartir as nosas lecturas favoritas. Foi unha actividade moi especial na que poidemos coñecer un pouco máis e mellor a outros apaixonados da lectura e tamén para tomar uns petiscos.










 

5 DE XUÑO DÍA DO MEDIO AMBIENTE

Onte celebrouse o día internacional do medio ambiente. Aproveitamos para mostrar novas adquisición da biblioteca relacionadas con esta temática.





 


xoves, 5 de xuño de 2025

ENCONTROS INTERCENTROS - De volta !!

 Seguindo coas liñas prioritariais para este curso, fixemos unha xornada de encontros intercentros, co

 CEIP XOSÉ SAN LUÍS ROMERO. 

que nos devolveu a visita despois de acudir nós ao seu centro.









O seu  alumnado de 6º de Primaria  e o noso, elaboraron un podcast onde desenvolveron as súas experiencias radiofónicas e inquedanzas de cara ao futuro próximo no instituto. (Premede nas dúas imaxes seguintes)





Convídámolos a uns petiscos pero o máis sabroso non estivo no prato, senón nas conversas que nos achegan e nos fan medrar xuntos.

Grazas por acompañarnos!