mércores, 22 de xuño de 2022

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 O verán é para desfrutar do tempo, do lecer, das viaxes.... Desde a Biblio, recomendamos o mellor destino viaxeiro: a imaxinación a través da lectura.


         Seguindo as instrucións da autora desta cita, Daniela, de 7 anos, axudávosmos a escapar "como vos pete"!!

                                                PRIMEIROS LECTORES


                                        LECTORES AUTÓNOMOS



LECTORES EXPERTOS




                                                            ADULTOS



   Nuna, Nuno e o seu equipo de Biblioteca, deséNxavos FELIZ VERÁN !!





MOCHILA VIAXEIRA

      Como ben sabedes  tod@s, na mochila viaxeira que compartiu os vosos fogares, incluímos un caderno para que os lectores e lectoras deixaran as súas impresións e as súas creacións.

    E como unha imaxe vale máis mil  palabras, aquí deixamos unha mostra dos traballos de 5º de Infantil.

Unha chulada !!

























martes, 21 de xuño de 2022

VOLUNTARIOS DA BIBLIOTECA

 Non podiamos deixar acabar o curso sen facer o noso recoñecemento público aos voluntarios e voluntarias que tanto nos axudaron ao longo do curso.

    E que mellor que compartir xuntos "mesa e mantel"? Grazas , chic@s !


















xoves, 16 de xuño de 2022

DOAZÓN DE LIBROS

 Como xa publicamos, o noso cole participou na Semana do Libro que organiza o Concello de Carballo. Nós deixamos a nosa pegada  artística na exposición da Biblioteca Rego da Balsa. Agora o Concello agasallou a nosa achega, cunha partida de libros , que por suposto agradecemos.



martes, 14 de xuño de 2022

A BIBLIO NO "CRISTINA EXPRESS"

      




  A nosa achega desde o Equipo de Biblioteca para a Conmemoración do Día do Medio Ambiente, foi a reutilización deste carro da compra que nos foi doado por un establecemento.

   Convertémolo nun tren: "A Cristina- Express", que partindo da  biblioteca, ten como destino a......

                                                          "Estación do Patio"

 O seu obxectivo é que durante os recreos, o alumnado teña a súa disposición, lecturas adaptadas as súas idades. Un xeito máis de fomentar o interese pola lectura, nun ámbito diferente, extrapolando "xeografías ao alcance de tod@s ".

                      Non ler non ten excusa na Cristina !!!




domingo, 5 de xuño de 2022

CONMEMORACIÓN AO RECOÑECEMENTO "LGTBI"

  Tal como recolle a nosa lexislación, no centro conmemoraremos a festividade :


 facendo un recoñecemento efectivo dos dereitos destas persoas  fronte á discriminación de lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais .

  Desde a biblioteca favoreceremos a súa visibilidade, achegando bibliografía que reflicte esta diversividade afectivo-sexual. Os voluntarios repartirán nas aulas estes exemplares distribuídos por niveis.





martes, 31 de maio de 2022

CONTACONTOS

 Hoxe o alumnado de Infantil asistiu a un CONTACONTOS, protagonizado por 



SABELA GAGO, da editorial SM.

        O contacontos é moi enriquecedora porque as nenas e nenos mergúllanse nesta actividade chea de elementos atractivos que lles fan estar cos olliños e oídos abertos, sen perder  o mínimo detalle, aprendendo o valor e o poder das historias. Estes ingredientes ben cociñados, farán que as nosas nenas e nenos, inclúan a lectura como unha das súas afeccións preferidas.










venres, 13 de maio de 2022

CITA Coas AUTORAS


    Tivemos a honra de ser visitados pola autora de un dos libros traballados en 1º e 2º de Primaria:

         SABELA FERNÁNDEZ TRELLES

   O alumnado estivo na biblioteca desfrutando da súa conversa, e posterior rolda de preguntas  e comentarios.

   Grazas Sabela. Foi  moi agradable para nós  a túa compaña.








SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

     Chegou  o día de conmemorar as NOSAS LETRAS, o noso idioma que nos fai fachendosos de entendelo, de falalo e de escoitalo.

   A miña ñai dicíame:  É  moito máis bonito dicir "miña naiciña", que dicir "mi madre". Pois si, mami, ese será o meu cometido: inculcar aos meus nenos e nenas este orgullo noso tan sudable.

O homenaxeado deste ano é:

         Florencio Manuel Delgado Gurriarán

   Na biblioteca contamos con títulos deste autor e novidades deste ano que vos presentamos. O primeiro está pensado na educación inclusiva, e a través de pictogramas axúdanos a comprender dun xeito máis doado as súas historias e os poemas, ao alcance de todas e todos.















E para comezar con forza a semana, aquí temos a  magnífica colaboración das familias de educación infantil , no seu papel de lectores e lectoras. Mirade que imaxes tan suculentas para incentivar o placer da lectura desde ben pequeniñ@s.













luns, 2 de maio de 2022

SEMANA DO LIBRO (V)

  APADRIÑAMENTOS LECTORES

    Como xa anticipamos, aquí vos presentamos a galería de fotos cos apadriñamentos.

O alumnado de 5º Primaria, preparando as lecturas.

.
Neste vídeo temos unha visión global de como comezou esta xornada literiaria.


    


O alumnado  de 3º P  e de 1º P. intercambiáronse agasallos entre padriñ@s e afillad@s.




Galería de imaxes