martes, 14 de marzo de 2023

Novos fondos de teatro

Ola lectores e lectoras,

Para quen lle guste o teatro, aquí tedes as novas adquisicións da biblioteca neste xénero. 

Esperamos que vos gusten!



mércores, 8 de marzo de 2023

Poesía na radio

 Ola lectores e lectoras,

Para conmemorar o Dia da Poesía e o Día  Internacional da Muller, os nenos e neas de 1º e 2º de Educación Primaria, elaboraron estas marabillosas obras de arte.

Tamén Iria Orgueira Trigo, de 4ºB de Educación Primaria nos agasalla coa súa simpatía.

Non perdades a oportunidade de escoitalas porque son moi auténticas!

Noraboa rapazada e mestras polo traballo.

PINCHADE EN CADA FOTO PARA ESCOITAR AS POESÍAS






Recomendacións para o Día Internacional da Muller

 Ola lectores e lectoras,

Aquí vos deixamos as recomendacións que Nuno nos preparou para esta data, que podedes atopar nos corredores co cole.

Tamén vos ensinamos un cartel que fixeron os nenos e nenas cunha mensaxe para que poñamos en práctica.

Ah, e non vos perdades a Nuno, que tamén quixo reinvindicar este día.







martes, 7 de marzo de 2023

Novos exemplares para a biblioteca

 Ola lectores e lectoras,

Amosámosvos os novos exemplares que Nuno nos mercou cos fondos do PLAMBE (Plan de mellora de bibliotecas escolares).

Seguro que os desfrutades moito!





Rap dos cociñeiros

 Ola lectores e lectoras,

Este pasado Entroido, as aulas de 4º de Educación Primaria, elaboraron este rap para acompañar o seu disfraz de cociñeiros e cociñeiras saudables.

Xa vedes que non lles faltou detalle! Cos seus menús, a súa marca de auga, e a cociña con todos os extras. 

Tomade nota para aprender sobre alimentación e aplicade os seus consellos para estar moi saudables!




PINCHADE NA FOTO PARA ESCOITAR O RAP