Vencellando a conmemoración das Letras Galegas, ao eido radiofónico, participamos un ano máis no certame "O Vello dos Contos".
Nas bases do certame, especifícase a elaboración dun podcast baseado na figura das cantareiras, tan emblemática para nós, preservando e difundido a cultura popular.
Polo tanto, o alumnado de 5º e 6º de primaria, conducindo o rumbo das ondas de Radio Cristinuna, fixo un percorrido biográfico e musical, no que cobraron vida estas fascinantes mulleres, enmarcando o seu contexto coxuntural na sociedade que viviron, o seu olvido e posterior recoñecemento que supuxo o relevo xeneracional e ata unha entrevista con Bieito Romero, fundador de "Luar na Lubre".
Parabéns, rapaces !!