DE CONTOS... Á RADIO! QUE NON É POUCA COUSA!
Como xa vos contamos nunha publicación anterior, participamos no certame de Teatro Lido coa nosa obra «Contos fóra de conto».
Pois ben... TEMOS NOVAS FANTÁSTICAS!
Superamos a primeira fase do concurso e estamos entre os 6 traballos seleccionados! Si, si, lestes ben... SÓ SEIS, E NÓS ESTAMOS AÍ!
E como a cousa vai de conto, pero tamén de talento, tocounos dar o seguinte paso: gravar a nosa obra nos estudios profesionais de Radio Voz!
Unha experiencia inesquecible na que os nosos pequenos artistas puideron sentirse auténticos profesionais da radio.
Aquí vos deixamos unhas imaxes desta aventura tan especial, entre micrófonos, nervios, ilusión e moitas ganas de facelo ben.
Un auténtico luxo ao alcance de poucos... e nós tivemos a sorte de vivilo!
E agora... a cruzar os dedos para a seguinte fase! Que soñar é de balde e, chegados ata aquí, quen nos di que non podemos seguir dando guerra?
PARABÉNS, ARTISTAS! SODES GRANDES!





















