martes, 31 de xaneiro de 2017

Día da PAZ e a NON violencia!

Para a conmemoración deste día e relacionándoo co noso proxecto anual: EMOCIONARTE, escollemos traballar "O Guernica" de Picasso.

A través das investigacións nas aulas e coa axuda deste vídeo en 3D desgranamos a obra de arte e coñecemos máis sobre o que quixo representar Picasso: a guerra, a paz,a furia, a tristeza, o medo...




                         Este cadro fíxonos reflexionar sobre que mundo estaba representando Picasso...


Polo que decidimos representar outro onde reflexáramos o mundo que queremos cheo de cores, onde exista a PAZ, TOLERANCIA, AMOR, RESPECTO, AMIZADE...



Pero a ARTE e as EMOCIÓNS tamén están na MÚSICA .

Dende o cole queremos achegar o noso grao de area para que haxa máis Paz e menos violencia no mundo. 
Para iso, grazas ao traballo da profe Nerea (E.M) representamos en Lingua de Signos, esta canción de Magín Blanco titulada:
 "Todos somos capitáns".