martes, 25 de abril de 2017

MÁIS QUE NUNCA, DEVORA LIBROS!!

Este mes, e en concreto o 23 de Abril é unha data especial para as bibliotecas escolares. Este curso, homenaxeamos esta data da man dun poema especialmente escrito para este día de 
Rosalía Fernández Rial



O equipo de biblioteca  ten preparadas unha serie de actividades para estas dúas semanas:


-  II Mercadillo solidario: 

Ata o 5 de Maio poden participar alumnado e familias.





- Lecturas animadas: 

do luns 24 ao xoves 28.

Os nenos e nenas de 6º, 5º, 4º e 3º de E.P. realizarán as animacións á lectura nas horas de ler.





- Leturas ao sol:

Do 24 ao  28 de abril, nos diferentes patios, prestaremos contos e libros para mirar, ver, ler, compartir... e desfrutar dunha forma diferente do tempo de lecer.







En Educación Infantil levaron a cabo esta actividade especial en conmemoración do día do libro.




- Contacontos Educación Infantil:
Aínda que é unha actividade mensual en colaboración da biblioteca e as mestras de E.I, coincidiunos con esta semana tan especial. Tocoulle o turno á profe Begoña co conto:
"Tres con Tango".



- Mural EXPRES-ARTE:
do 18 de abril ao 5 de Maio colocamos un mural en branco para que os nenos e nenas, familias ou mestres, expresen de forma artística o que senten cos libros, actividade dentro do Proxecto EmocionArte que estamos levando a cabo este curso.


- APADRIÑAMENTO LECTOR
Este ano, houbo uns padriños e madriñas lectores/as e lles asignamos afillados e afilladas máis pequen@s, aos que lles había que ler un conto, e viceversa.

Foi estupendo ver como gozaban xunt@s da lectura!



Equipo de biblioteca

mércores, 5 de abril de 2017

Novidades :)

Novidades que chegan á nosa biblioteca no mes de Abril e que vos recomendamos ler nestas vacacións!


DESFRUTADE DAS LECTURAS!!



----------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Que a nosa biblio está cambiando....eso seguro!!

Pasiño a pasiño, imos avanzando e intentando mellorar!

Ademais de incorporar novidades literarias, creamos un recuncho novo de xogos e puzzles:



Estrenamos novo mobiliario, onde invitamos a imaxinar que facer nel.






TEMOS RECUNCHOS NOVOS DE LECTURA!
Do que disfrutan os grandes....pero tamén os pequenos!!





Zona para lectura de Revistas!


Zona para a lectura de periódicos!


Renovación da zona de audiovisuais, estamos incorporando DVDs novos... engadimos un apartado para TABLETS e E-BOOKs.


E tamén, renovamos os equipos informáticos!