domingo, 6 de xuño de 2021

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

 

Día mundial do ambiente celébrase cada 5 de xuño dende 1972.
Co "día mundial do ambiente", a organización de Nacións Unidas procura sensibilizar a opinión mundial en relación a temas ambientais, intensificando a atención e a acción política e co obxectivo principal de darlle un contexto humano, motivando ás persoas para que se transformen en axentes activos do desenvolvemento sostible e equitativo; promover o papel fundamental das comunidade no cambio de actitude cara a temas ambientais, e fomentar a cooperación, pois esta garantirá que tódalas nacións e persoas gocen dun futuro máis prospero e seguro.
Dende o cole poñemos o noso gran de area (nunca mellor dito) para concienciar aos máis pequenos sobre a importancia de coida o noso planeta.