martes, 20 de maio de 2025

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 


O noso homenaxe ás cantareiras foi a elaboración dunhas caricaturas desta sete mulleres máis salientables, facendo o que elas mellor sabían: tocar a pandeireta e cantar. Polo tanto, o alumnado de 3º e 4º de primaria, fabricou unhas pandeiretas con material de reciclaxe, e dentro debuxaron a imaxe  de todas elas en forma de caricatura, xunto coas súas coplas máis significativas e coñecidas. Colgámolas decorando os corredores, e este foi o resultado, do que estamos moi fachendosos.

Vivan as nosas letras!!


domingo, 11 de maio de 2025

SEMANA DO LIBRO- SALÓN DO LIBRO

 











Premede sobre a imaxe para ver a curta "DE CINE", que realizou o alumnado de 4º de primaria.





venres, 9 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS 2025

 No cole xa nos estamos preparando para as letras galegas!


A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
Ademais Nuno xa fixo a súa selección de libros en galego realcionados coa temática. Podedes atopar varios exemplares de autores xa homenaxeados noutros anos, así como obras nas que a música popular é a protagonista.
 
 










mércores, 30 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO (II)

 Nesta gran efeméride para a Biblioteca, contamos  con Lola, da librería Aenea, que un ano máis, transmitiunos a súa paixón polos libros e amosounos aventuras literarias tan fantásticas que os nenos e nenas non puideron resistirse, e segundo as súas preferencias, adquirimos fondos moi interesantes tanto en libros como en xogos: un xadrez e parchís xigantes ou mesmo o "Limbo" que puxo fóra de órbita, a máis de un.


    

           En acción, 3º e 4º de primaria!


ENCONTROS INTERCENTROS

 Unha das liñas prioritarias para este curso, era a relación con centros educativos da contorna, polo que xestionamos a nosa visita ao CEIP XOSÉ SAN LUÍS ROMERO. 

 Dúas alumnas de 6ºde Primaria, Lucía e Sabela, argallaron unha entrevista coas responsables das bibliotecas de ambos centros, Manuela e Maica, e tamén a petición súa, empregamos o fondo Croma do outro centro. 

Así, coa paisaxe da praia de Razo,   tivo lugar a entrevista;  entre risas e algunha confesión inesperada, contaron o que máis e o que menos lles gusta da biblioteca, as súas preferencias entre a actividade lectiva e o labor bibliotecario, e por que senten verdadeira paixón por esta actividade.

Coñecemos o seu centro, a súa marabillosa biblioteca, falamos de  proxectos , de nenas e neos que buscan respostas entre os andeis, e mesmo houbo tempo para algún cotilleo inocente. Por suposto, convidámolos a unha visita no noso centro!

Un encontro informal, entre mar, libros e voces que fan da biblioteca un espazo vivo. (Premede na primeira imaxe)







Grazas !!




martes, 29 de abril de 2025

OBRADOIRO DE RADIO

 Radio Cristinuna  está  continuamente "on air", preocupada  por conseguir  unhas  producións  de calidade que  representen  o bo traballo  que todo o colectivo do cole  estamos a facer.

Por  iso, participamos nun obradoiro de radio  durante  unha xornada lectiva completa, con Susana Bastón, quen no curso anterior explicounos como desenvolver a realización dun programa de radio, o cal  empregamos este curso  para aleccionar ao alumnado de  5º  e   6º   de  primaria, con nocións de edición de podcast  a nivel técnico.



Premendo nesta imaxe e na seguinte,   podedes escoitar dúas versións da  emisión dun sensacional  informativo realizado integramente  polo alumnado.  Adiante,  ouvintes !!






venres, 25 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

 Para a conmemoración do día do libro o alumnado de infantil realizou unha actividade chulísima!

Premede no vídeo a ver que portadas recoñecedes!