xoves, 18 de decembro de 2025
I ENCONTRO CENTROS RADIO NA BIBLIO
Esa é imaxe : a nosa labor da radio constante e chea de ilusión, levounos a ser convidados, como alumnado de 5º de primaria, ao I ENCONTRO DE CENTROS educativos que desenvolven a Radio Escolar.
Fixemos obradoiros, asistimos a tertulias, merendamos dúas veces....e de "postre", atopámonos cunha mestra-actriz que crea programas divulgativos sobre o correcto uso do galego, como Dígocho eu, cos que traballamos moitísimo na aula.
Como non podía ser doutro xeito, fixemos foto con ela: somos fans incondicionais .Que chulada poder coñecer en persoa a alguén tan querido e tan “famoso” para nós!
Marta… non laves nunca a chaqueta!
mércores, 17 de decembro de 2025
EXPURGO: LIBROS QUE SE RENOVAN, COCIÑAS QUE SE ENCHEN"
Coa chegada do Nadal, quixemos converter o necesario expurgo, para renovar os fondos da biblioteca e retirar aqueles libros que xa cumpriran o seu ciclo, transformando este tempo tan especial nun xesto solidario. Porque os libros alimentan a nosa alma… pero tamén poden axudar a encher mesas e cociñas.
Baixo o título “Libros que se renovan, cociñas que se enchen”, puxemos en marcha a campaña “Trae un alimento e leva unha historia: a solidariedade tamén se le”, unindo lectura, compromiso e corazón nestas datas nas que compartir cobra máis sentido ca nunca.
NADAL RECICLANDO
E como nas Crebas aquí non se tira nada —aprovéitase todo, todiño— non só reutilizamos… tamén reciclamos, que xa somos xente apañada.
Así entendeuno perfectamente o alumnado de 3º de Primaria, que decidiu darlle unha segunda vida ao cartón interior do papel hixiénico para crear adornos de Nadal. Sustentabilidade, consumo responsable e moita imaxinación, todo no mesmo pack.
E claro, na aula xa se escoitaban frases como:
“Xa non temos que mercar bólas de Nadal… facémolas nós… ¡é moito máis guai!”
Menudos artístas!!!!
NADAL REUTILIZANDO
Seguindo coa temática do proxecto do cole para este ano, "As crebas da Cristina!, o alumnado de 3ºB realizou unha árbore de nadal, empregando materiais de refugallo: un cartón xa reutilizado do curso anterior, unha estrela feita con envase de ovos e uns marcos de foto, utilizando antigos CD,S que todos temos pola casa.
As bólas da árbore deste Nadal non son de cristal nin de luxo: son de carne e óso, falan sen parar, rin a gargalladas e enchen a aula de vida.
Os nenos e nenas brillan tanto… que ata a profe tivo que colgarse na árbore para non quedar á sombra!
A TIPOGRAFÍA: O SLOGAN
Seguindo o lema das Bibliotecas Escolares para este curso, desde a Biblioteca propuxemos a creación de slogans para poñer en práctica a técnica da tipografía en distintos formatos, convertendo o deseño nunha verdadeira porta aberta á creatividade.
E este é o resultado... que tremen os publicistas!
NOVA ADQUISIÓN DE FONDOS
Co noso interese por actualizar os fondos da biblioteca, adquirimos novos libros para todos os niveis, coa intención de ofrecer unha proposta variada, actual e atractiva que esperte o gusto pola lectura.
A biblioteca convértese así nun espazo de lecer, aventura e creatividade, no que procuramos dar resposta ás necesidades de todo o alumnado, tanto a través da narrativa como dos libros informativos.
domingo, 14 de decembro de 2025
CARTAS ANTIGAS DO MAR
Quen non desexa ir paseando pola praia e atopar unha carta dentro dunha botella?
Os alumnos e alumnas que participan no clube de lectura elaboraron unhas cartas antigas. Primeiramente, mancharon o folio con café e logo redactaron un texto relacionado co libro de "Nena e o mar".
xoves, 27 de novembro de 2025
NOVEMBRO CIENTÍFICO (II)
Seguimos experimentando no laboratorio da biblio. Hoxe comprobamos as propiedades do aire e dalgúns dos seus compoñentes, como o osíxeno. Que papel xoga o osíxeno na combustión? Que relación hai entre aire e o comportamento dos líquidos? Velaiquí tendes algunhas respostas.
xoves, 20 de novembro de 2025
FACENDO NÓS MARIÑEIROS
Outra sesión máis do Clube de Lectura! Grazas ao libro de "Nena e o mar" aprendemos a facer nós mariñeiros: o nó de oito, o de rizo e o de ballestrinque!
Xa estamos listos para embarcar!
mércores, 19 de novembro de 2025
NOVEMBRO CIENTÍFICO (I)
Para conmemorar este mes, estamos a traballar os fondos da maleta viaxeira, a co gaio de esta celebración e deixamos no corredor a nosa proposta cos libros escollidos para este novembro científico:
SAMAÍN NA BIBLIO
Xa decoramos....
E ademais, o alumnado de 6º de primaria, recitou na radio, contos de Samaín, de creación propia! Temos uns artistazas!!
Escoitádeos premendo sobre o botón.










