sábado, 17 de outubro de 2026

PEQUENOS PASOS, GRANDES DESCUBRIMENTOS: O NOSO OBRADOIRO DE ROBÓTICA!

 

 Na nosa escola seguimos explorando, experimentando e aprendendo de xeito divertido! Esta vez, os nenos e nenas de educación infantil convértense en pequenos e pequenas especialist@s en robótica.

A través deste obradoiro, o alumnado achégase ao mundo da programación e do pensamento computacional mediante o xogo, a manipulación e a superación de pequenos retos adaptados a súa idade. 

Entre robots, percorridos e moitas ganas de descubrir, aprendemos a dar instrucións, anticipar movementos, buscar solucións en traballar en equipo. Cada actividade convértese nunha oportunidade para traballar a lóxica, a creatividade, a orientación espacial e a autonomía.

E, por suposto, non faltan a curiosidade, as sorpresas e os sorrisos! Porque aprender tamén é experimentar, equivocarse, volver intentalo e descubrir que somos capaces de conseguir grandes cousas paso a paso.

Con iniciativas coma esta, seguimos apostando por unha aprendizaxe activa, manipulativa e motivadora, na que a tecnoloxía convértese nunha ferramenta para pensar, crear e aprender.

Pequenos robots, grandes ideas e moitas ganas de seguir aprendendo!



AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA ANDAINA!

 


A nosa biblioteca escolar ponse en marcha para levar os libros máis alá das aulas e compartir a maxia da lectura coas familias.

As mochilas viaxeiras están preparadas para visitar os fogares do noso alumnado, cargadas de historias, aventuras, imaxinación e momentos para compartir.

Cada mochila é unha pequena biblioteca itinerante, esta vez sobre o ESPAZO EXTERIOR. Convida a descubrir novos exemplares, espertar a curiosidade, deixar voar a imaxinación e, sobre todo, gozar de momentos en familia. Porque ler xunt@s é moito máis ca ler: é compartir tempo, emocións, palabras e experiencias que permanecen na memoria.

Desde a biblioteca escolar estamos moi ilusionados co comezo desta nova aventura e desexamos que as mochilas viaxeiras sexan recibidas con moita ilusión en cada fogar.

PREPARADOS, LISTOS... COMEZA A VIAXE!

APERTURA DA BIBLIO!




 




venres, 25 de setembro de 2026

BOOK CROSSING

 

Os libros tamén queren viaxar!

No CEIP A Cristina estamos moi contentos de presentarvos unha nova iniciativa: instalamos un punto de book crossing no patio!


En que consiste? É moi sinxelo: creamos un espazo no que os libros poden pasar dunhas mans a outras. Dentro casiña atoparedes libros para nenos e nenas de educación infantil, educación primaria e tamén para adultos. Calquer persoa pode deixar alí un libro que lera e que queira compartir ou coller outro dos que xa están, desfrutar da súa lectura e, se o desexa, voltar a poñelo en circulación para que siga viaxando.  






















sábado, 6 de xuño de 2026

RECOMENDACIÓNS LECTORAS








 




TEATRO A ESCENA!



O alumnado de 3º B levou adiante, na área de Proxecto Competencial, a representación da obra Cataventos e Cía, baseada no libro de Celia Díaz Núñez. Foi unha experiencia desenvolvida ao longo de todo o curso, na que se combinaron lecturas dramatizadas, ensaios, aprendizaxe de diálogos e traballo cooperativo.
 Entre erros, risas, nervios e moito esforzo, o alumnado foi medrando como grupo ata culminar nunha representación que lles permitiu gozar da lectura, da interpretación e da creación compartida.

Con moita ilusión, os nenos e nenas participaron tamén na elaboración do cartel anunciador e do atrezzo necesario para a posta en escena.Con moita ilusión, os nenos e nenas participaron tamén na elaboración do cartel anunciador, así como dunha escenografía e dun atrezzo de produción propia, creados maioritariamente con materiais de refugallo e reutilizados, integrando a sustentabilidade nun proxecto artístico cheo de creatividade.

 O proxecto acadou un fito moi especial coa súa primeira representación pública, nada menos que nun certame teatral de ámbito provincial organizado pola Deputación da Coruña.

(Premede na imaxe para ver a representación)


A aventura aínda continúa, pois quedan por diante dúas novas representacións: unha na Biblioteca Municipal e outra no Pazo da Cultura de Carballo. Estamos inmensamente fachendosos do resultado e do camiño percorrido. Quen lles ía dicir a estes pequenos artistas cando abriron o libro por primeira vez que rematarían levando a historia aos escenarios? 

De Carballo a Broadway hai a carreiriña dun can!




















mércores, 27 de maio de 2026

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS con.... EVA MEJUTO

  

O pasado mércores, día 20 de maio, tivemos a gran honra de recibir no noso centro á escritora galega

Eva Mejuto, autora do libro Queco e Kika, unha lectura que traballou e gozou o alumnado de 3º e 4º de EP previamente na aula.



Durante o encontro, Eva demostrou unha proximidade e unha paciencia admirables cos máis pequenos/as. Os nenos e nenas, entusiasmados coa historia de Queco e Kika, non pararon de levantar a man e fixéronlle moitísimas preguntas para resolver as súas inquedanzas ou dúbidas. Eva respondeu a cada un/unha cun gran sorriso. Gañando o cariño de todo o público.


Para poñer o broche final, a autora dedicou un tempo a asinar exemplares dos seus libros, deixando un recordo personalizado e único para cada alumno/a.

O alumnado  espera impaciente pola segunda parte da historia!





SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

   Ademais de facer unha escolama de libros nos andeis do corredor, para conmemorar este día, desde a biblioteca quixemos deixar a nosa pegada recordando a figura de Begoña Caamaño.

Elaboramos unha caricatura en cartel reciclado, facendo alusión a súa prófesión, o xornalismo, dándolle visibilidade as súas palabras, nunha viñeta cargada do simbolismo galego:

      "Senón che gusta o mundo que habitas,

      múdao ou polo menos téntao".


    "Non cambiamos as regras,.

     cambiamos de xogo."

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS con......CARLOS MEIXIDE

                                               


Tivemos a sorte de recibir na nosa biblioteca a visita de Carlos Meixide, autor do libro Ánxela e Spencer co que traballou o alumnado de 5º e 6º de primaria. Compartimos unha charla moi amena e enriquecedora na que nos contou como naceu a idea da obra, como escolleu os nomes dos personaxes e por que decidiu situar a historia en lugares tan próximos como Guitiriz, Betanzos e A Coruña. Tamén nos explicou como foi o proceso de creación das ilustracións, descubrindo así moitos detalles curiosos do libro.

Relatounos que comezou a escribir sendo moi pequeno, despois de que un mestre lles propuxese facer unha redacción na aula. El decidiu inventar unha historia protagonizada por un detective e o éxito foi tal entre os seus compañeiros e compañeiras que continuou creando novas aventuras para compartilas con eles. Segundo nos confesou entre risas, aquel foi o seu “primeiro éxito” como escritor.

Durante o encontro respondeu con moita cercanía e entusiasmo ás numerosas preguntas que tiñamos preparadas, tanto sobre o libro que lemos na clase como sobre outras obras da súa autoría. E, para rematar esta xornada tan especial, dedicounos e asinounos os nosos exemplares.

Foi unha experiencia moi especial da que gardaremos un fermoso recordo, xa que, ademais de aprender moitas cousas sobre a lectura e a escrita, gozamos enormemente da súa compañía.                                                                     


luns, 18 de maio de 2026

CONCURSO O VELLO DOS CONTOS

 

 Un ano máis presentámonos ao certame de podcast "O vello dos Contos". Seguindo as propostas das súas bases elaboramos "Alén do mar " é un podcast que trata a emigración galega.

 A través de entrevistas realizadas a alumnado estranxeiro, recóllense experiencias, reflexións e emocións arredor do feito migratorio, establecendo unha ponte entre o mar que separa a terra e as persoas que unen mundos.

 Como fondo sonoro, o programa incorpora unha canción composta no centro e interpretada polo propio alumnado, inspirada na obra de Rosalía de Castro e o amor á terra, que acompaña e reforza o fío emocional de toda a creación.

(Premendo nas imaxes podedes escoitar o podcast)




OBRADOIRO DE RADIO con....

 ........ARTUR TRILLO




Tivemos a sorte de participar nun obradoiro de radio moi especial no que contamos coa presenza de Artur Trillo, autor, actor e director de ampla traxectoria. Da súa man

 descubrimos os segredos da lectura dramatizada, explorando as múltiples posibilidades expresivas que agochan os textos non teatrais.




Nun ambiente dinámico, creativo e divertido, o alumnado aprendeu a dar vida ás palabras a través da interpretación, mellorando a súa expresión oral, a confianza á hora de falar en


escena e o seu gusto pola literatura en diferentes xéneros. Foi unha experiencia enriquecedora que lles permitiu descubrir novas maneiras de ler, sentir e interpretar os textos.





Durante o obradoiro traballaron arredor do libro Voa, voa,  autoría de Artur Trillo, (que por certo, regalounos e firmounos para todos, exemplares) e como produto final realizaron a gravación na radio empregando as técnicas aprendidas ao longo da sesión. Unha actividade inesquecible chea de creatividade, emoción e aprendizaxe compartida. (Premendo na imaxe, podedes escoitalos).



domingo, 17 de maio de 2026

SEMANA DO LIBRO (V): OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

 O alumnado de 3º de Primaria realizou unha creativa manualidade empregando papel de reciclaxe, dando forma a unha árbore moi especial na que “publicaron” os seus libros favoritos, deixando ver mesmo as páxinas que agochan no seu interior. Un traballo cheo de imaxinación e significado, acompañado do fermoso lema: 

                   “Planta un libro e recolle coñecemento!”.

Ademais, a obra ten unha finalidade práctica que é convertelo nun lapiceiro e organizador de escritorio, traballando Reducir e Reciclar.

 Uns verdadeiros artistas!























OBRADOIRO DE ORIGAMI

 O alumnado do club de lectura de "La muy catastrófica visita al zoo" iniciouse na arte do origami. Como ben sabedes, consiste en crear figuras tridimensionais sen usar tesoiras nin pegamento.

Neste caso, decidimos elaborar siluetas de animais para crear o noso propio zoolóxico, intentado recrear o espazo que visitaron Josephine e os seus amig@s nos últimos capítulos do libro.

Fixemos tigres, koalas, pingüíns, raposos...



 





venres, 24 de abril de 2026

BÚSCASE...

 Os e as detectives do club de lectura de "La muy catastrófica visita al zoo" andan na procura de pistas para atopar a varios sospeitosos. Botádelles unha ollada aos seus retratos, a ver se os recoñecedes.

Nas próximas xornadas teredes unha descrición máis detallada dos delincuentes. Así, os nos@s alumn@s imitan a Josephine e aos seus amigos na procura do culpable da inundación do seu cole.