mércores, 30 de abril de 2025

SEMANA DO LIBRO (II)

 Nesta gran efeméride para a Biblioteca, contamos  con Lola, da librería Aenea, que un ano máis, transmitiunos a súa paixón polos libros e amosounos aventuras literarias tan fantásticas que os nenos e nenas non puideron resistirse, e segundo as súas preferencias, adquirimos fondos moi interesantes tanto en libros como en xogos: un xadrez e parchís xigantes ou mesmo o "Limbo" que puxo fóra de órbita, a máis de un.


    

           En acción, 3º e 4º de primaria!


ENCONTROS INTERCENTROS

 Unha das liñas prioritarias para este curso, era a relación con centros educativos da contorna, polo que xestionamos a nosa visita ao CEIP XOSÉ SAN LUÍS ROMERO. 

 Dúas alumnas de 6ºde Primaria, Lucía e Sabela, argallaron unha entrevista coas responsables das bibliotecas de ambos centros, Manuela e Maica, e tamén a petición súa, empregamos o fondo Croma do outro centro. 

Así, coa paisaxe da praia de Razo,   tivo lugar a entrevista;  entre risas e algunha confesión inesperada, contaron o que máis e o que menos lles gusta da biblioteca, as súas preferencias entre a actividade lectiva e o labor bibliotecario, e por que senten verdadeira paixón por esta actividade.

Coñecemos o seu centro, a súa marabillosa biblioteca, falamos de  proxectos , de nenas e neos que buscan respostas entre os andeis, e mesmo houbo tempo para algún cotilleo inocente. Por suposto, convidámolos a unha visita no noso centro!

Un encontro informal, entre mar, libros e voces que fan da biblioteca un espazo vivo. (Premede na primeira imaxe)







Grazas !!




martes, 29 de abril de 2025

OBRADOIRO DE RADIO

 Radio Cristinuna  está  continuamente "on air", preocupada  por conseguir  unhas  producións  de calidade que  representen  o bo traballo  que todo o colectivo do cole  estamos a facer.

Por  iso, participamos nun obradoiro de radio  durante  unha xornada lectiva completa, con Susana Bastón, quen no curso anterior explicounos como desenvolver a realización dun programa de radio, o cal  empregamos este curso  para aleccionar ao alumnado de  5º  e   6º   de  primaria, con nocións de edición de podcast  a nivel técnico.



Premendo nesta imaxe e na seguinte,   podedes escoitar dúas versións da  emisión dun sensacional  informativo realizado integramente  polo alumnado.  Adiante,  ouvintes !!






venres, 25 de abril de 2025

DÍA DO LIBRO

 Para a conmemoración do día do libro o alumnado de infantil realizou unha actividade chulísima!

Premede no vídeo a ver que portadas recoñecedes!








OVOS E RIMAS DE PASCUA

Na  celebración tan   nosa  de  agasallar  con  ovos  no tempo  da  Pascua, o alumnado  de   4º   de  Primaria quixo   deixar   a súa  pegada: decoraron  a porta  cun coello  xigante  elaborado con  material de reciclaxe ,e  que  conta cunha   caixiña para   colocar os ovos  que despois elaboraron  e decoraron na  aula.




E como  calquer evento  é  doado para practicar  a escrita,  fixeron unha rima, escribíndoas  en cada ovo.



Como a guinda do  pastel,  houbo intercambio de ovos
 con 2º A !






SEMANA DO LIBRO- Cita con autores

 











luns, 14 de abril de 2025

TALKING WITH FAMOUS FACES

O alumnado de 6º de primaria gravou un programa na radio escolar do noso centro no que "entrevistaron" a personaxes famosas da súa elección.

 O mellor? Que tiveron que facelo en inglés, todo un reto!

A actividade foi proposta pola nosa alumna de prácticas: Noelia Calvete, quen propuxo a actividade coma unha maneira innovadora de mellorar as habilidades lingüísticas dos estudantes mentres traballaban en equipo.

Durante o proceso, o alumnado participou de forma activa na gravación do programa, o que lles permitiu practicar o inglés nun contexto real e dinámico.

O proxecto foi coordinado entre o equipo de biblioteca e o equipo plurilingüe do centro: un exemplo de aprendizaxe activa, colaborativa conectada coa realidade.



venres, 11 de abril de 2025

LER O TEU CORPO

 Seguimos a traballar a temática "ler o teu corpo".  Nesta ocasión o alumnado de 6ºA de educación infantil gravou unha poesía na radio Cristinuna!

Preme no seguinte enlace para escoitar como debuxar o teu corpo.






mércores, 2 de abril de 2025

2 de abril, DÍA DO AUTISMO

 Hoxe día 2 de abril é o día mundial de concienciación sobre o autismo. Na biblioteca contamos con material para o alumnado con diversidade e tamén con exemplares para que toda a comunidade educativa poida coñecer máis sobre este trastorno. 


Estes son algúns dos exemplares para diferentes idades nos que se fala sobre TEA.





martes, 1 de abril de 2025

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL

 Como en anos anteriores, o IBBY (International board on books for young people) chama á conmemoración do Día do Libro Infantil o 2 de abril, data de nacemento de Hans Christian Andersen. O obxectivo é promocionar os bos libros infantís e xuvenís e a lectura entre os máis novos. 
 
A sección patrocinadora deste ano é Holanda que difunde a mensaxe de Rian Visser e o cartaz de Janneke Ipenburg co lema "Estas palabras que sairon da miña boca son para ti".

Por suposto, a biblioteca de Nuno está chea de libros infantís, para este día tan especial fainos unha pequena selección: