E seguimos festexando a semana, nesta ocasión arredor do lema "A Biblioteca ten a palabra", e unha proposta marabillosa neste sentido, é unha representación teatral que mestura palabras e imaxes ... pero ollo: sen precisar da tecnoloxía!!
Quizais aventureime moito dicindo isto porque a maxia tecnolóxica da compañía Ghazafelos , transportounos na súa "Máquina do Tempo", nun delicioso percorrido polas etapas da historia, levandonos coas súas palabras, a coñecer historia, personaxes, anécdotas ,salpicadas ca dose xusta da humor e traballo ben feito, transmitindo ao alumnado, o respecto que merece como público, sen caer no chiste fácil e bobo que lamentablemente adoitan facer outros co público infantil: os nenas e nenos son pequenos, pero non son parvos, como algúns pretenden proxectar . Parabéns por Ghazafellos!!
E aquí estamos desfrutando por partida dobre: da obra e de ver estas cariñas de satisfacción do alumnado de Primaria!!
![](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEj2yA-PXkwq6hxeAsos5tWbPz6tyBUQF65lt4jLHa2h-OAECiOeyd1jV19XKsnJgX-jWt04P2ftji4dg3sbDOGLB60HkHsTKFKOW2MBCErGxfMA77-EFgO8ZGe7Ct3FgtI2fwLatv3u-bS2ZwoxaUxHC-vmwoa46Pbjz09vj8_T6AnA5HxjwNroJ0fE/w509-h103/Sin%20t%C3%ADtulo.png)
👏👏👏🥳🥳🥳
ResponderEliminar