mércores, 5 de xuño de 2024

RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE VERÁN



Sabedes un segredo? A lectura é unha chave máxica que abre  portas a aventuras incríbeis! s! Cada libro é un mapa que nos leva a un mundo onde todo é posible: voar, falar  con animais ou explorar plantetas descoñecidos.

Os libros son festas de palabras . Cando lemos, convertémonos en  piratas, astronautas ou compañeiros de dinosauros!  Non fal falta nen mochila nen maleta, só as ganas de ler e un chisco de imaxiñación!

A lectura é un barco que nos leva a descubrir mundo, é o mellor de todo é que non hai tempestade que poida afundir un libro!

Polo tanto, aventurádevos no verán a viaxar coa imaxinación. 

Lede o que vos pete!... Pero se algún aínda non ten o billete, estas son as nosas recomendacións lectoras!

         Boa viaxe, aventureiros e aventureiras !!

                                                            

 (Premede na imaxe para ver o ficheiro)









CITA CON AUTORES- XOSÉ COBAS

 



O alumnado de 2º ciclo , traballou este curso, o libro “Galego á beira do mar”. 

Para   desentrañar os misterios do seu deseño, tivemos a oportunidade de manter unha conversa  no centro co seu ilustrador,

            Xosé Cobas

É unha persona entrañable , disposto a satisfacer a nosa curiosidade, e agasallounos cunha ilustración preciosa, feita en directo, da que presumiremos na bilio. Un luxo!

 Posteriormente , baseándonos nesa información recompilada   durante a lectura, o alumnado preparou unha entrevista con Xosé Cobas gravada  nun podcast.



  






MALETA VIAXEIRA

 A BANDA DESEÑADA

Seleccionamos esta maleta, seguindo as recomendacións para este curso "A Biblioteca Escolar en viñetas",e  coñecedores de que ler cómic é unha excelente forma de incentivar a lectura dos nenas e nenas, potenciando competencias curriculares e desenvolvemento intersocial, mentres  se divirten e exploran a súa imaxinación, alén de ser un xénero inclusivo por ser unha lectura máis doada para o alumnado con dificultades lectoras.









martes, 4 de xuño de 2024

O COFRE DO TEMPO

 Érase que era unha vez, un grupo de aventureiros rapaces e rapazas que alá polo ano 2014 decidiron agochar nun cofre unha colección de tesouros, nada máis e nada menos que dentro da nosa biblioteca.

Eso si, con unha condición: non poder abrir este misterioro tesouro ata 10 anos despois, é dicir, no mes de xuño do ano 2024. Este ano!!

Os voluntarios e voluntarias da biblio estaban expectantes e súper nerviosos por saber que cousas tan marabillosas estaban silenciadas durante 10 anos. Que había? Moitos escritos de satisfacción por formar parte do noso cole, debuxos moi alegres dos pequenos de infantil, moito agarimo coas  súas lembranzas  e desexos curiosos para os outros nenos , como "oxalá os nenos e nenas dos vindeiros cursos poidan ter nas aulas pizarras dixitais".... E xa vedes que a maxia destes rapaces non soamente conseguiu facer realidade ese soño , senón que ata temos pizarras de última xeneración!

Aquí deixamos o noso cariñoso achuchón, para eses aventureiros, de parte do alumnado que hoxe abriu a caixa, e que por aquela data,.... aínda non nacera!




luns, 3 de xuño de 2024

XORNADA DE ANIMACIÓN LECTORA

 O alumnado de 2º ciclo de primaria, participou nunha xornada de animación á Lectura, a cargo da Librería Aenea , quen nos achegou marabillosas novidades que enfeitizaron ás nenas e nenas. Foi este alumnado quen participou activamente na selección de fondos para adquirir, principalmente informativos e banda deseñada.

Lola, a representante de Aenea coa que xa contamos no curso anterior, vive a súa profesión e sabe transmitila con verdadeira paixón, polo que a finalidade da actividade da animación á lectura, supera sempre as nosas expectativas: "Ler é un pracer"

-   Moitas grazas e moitas veces Lola!