O alumnado de 2º ciclo , traballou este curso, o libro “Galego á beira do mar”.
Para desentrañar os misterios do seu deseño, tivemos a oportunidade de manter unha conversa no centro co seu ilustrador,
Xosé Cobas
É unha persona entrañable , disposto a satisfacer a nosa curiosidade, e agasallounos cunha ilustración preciosa, feita en directo, da que presumiremos na bilio. Un luxo!
Posteriormente , baseándonos nesa información recompilada durante a lectura, o alumnado preparou unha entrevista con Xosé Cobas gravada nun podcast.
👏👏👏
ResponderEliminar