O alumnado de 3º B levou adiante, na área de Proxecto Competencial, a representación da obra Cataventos e Cía, baseada no libro de Celia Díaz Núñez. Foi unha experiencia desenvolvida ao longo de todo o curso, na que se combinaron lecturas dramatizadas, ensaios, aprendizaxe de diálogos e traballo cooperativo.
Con moita ilusión, os nenos e nenas participaron tamén na elaboración do cartel anunciador e do atrezzo necesario para a posta en escena.Con moita ilusión, os nenos e nenas participaron tamén na elaboración do cartel anunciador, así como dunha escenografía e dun atrezzo de produción propia, creados maioritariamente con materiais de refugallo e reutilizados, integrando a sustentabilidade nun proxecto artístico cheo de creatividade.
O proxecto acadou un fito moi especial coa súa primeira representación pública, nada menos que nun certame teatral de ámbito provincial organizado pola Deputación da Coruña.
(Premede na imaxe para ver a representación)
A aventura aínda continúa, pois quedan por diante dúas novas representacións: unha na Biblioteca Municipal e outra no Pazo da Cultura de Carballo. Estamos inmensamente fachendosos do resultado e do camiño percorrido. Quen lles ía dicir a estes pequenos artistas cando abriron o libro por primeira vez que rematarían levando a historia aos escenarios?
De Carballo a Broadway hai a carreiriña dun can!