luns, 18 de maio de 2026

CONCURSO O VELLO DOS CONTOS

 

 Un ano máis presentámonos ao certame de podcast "O vello dos Contos". Seguindo as propostas das súas bases elaboramos "Alén do mar " é un podcast que trata a emigración galega.

 A través de entrevistas realizadas a alumnado estranxeiro, recóllense experiencias, reflexións e emocións arredor do feito migratorio, establecendo unha ponte entre o mar que separa a terra e as persoas que unen mundos.

 Como fondo sonoro, o programa incorpora unha canción composta no centro e interpretada polo propio alumnado, inspirada na obra de Rosalía de Castro e o amor á terra, que acompaña e reforza o fío emocional de toda a creación.

(Premendo nas imaxes podedes escoitar o podcast)




OBRADOIRO DE RADIO con....

 ........ARTUR TRILLO




Tivemos a sorte de participar nun obradoiro de radio moi especial no que contamos coa presenza de Artur Trillo, autor, actor e director de ampla traxectoria. Da súa man

 descubrimos os segredos da lectura dramatizada, explorando as múltiples posibilidades expresivas que agochan os textos non teatrais.




Nun ambiente dinámico, creativo e divertido, o alumnado aprendeu a dar vida ás palabras a través da interpretación, mellorando a súa expresión oral, a confianza á hora de falar en


escena e o seu gusto pola literatura en diferentes xéneros. Foi unha experiencia enriquecedora que lles permitiu descubrir novas maneiras de ler, sentir e interpretar os textos.





Durante o obradoiro traballaron arredor do libro Voa, voa,  autoría de Artur Trillo, (que por certo, regalounos e firmounos para todos, exemplares) e como produto final realizaron a gravación na radio empregando as técnicas aprendidas ao longo da sesión. Unha actividade inesquecible chea de creatividade, emoción e aprendizaxe compartida. (Premendo na imaxe, podedes escoitalos).



domingo, 17 de maio de 2026

SEMANA DO LIBRO (V): OS NOSOS LIBROS FAVORITOS

 O alumnado de 3º de Primaria realizou unha creativa manualidade empregando papel de reciclaxe, dando forma a unha árbore moi especial na que “publicaron” os seus libros favoritos, deixando ver mesmo as páxinas que agochan no seu interior. Un traballo cheo de imaxinación e significado, acompañado do fermoso lema: 

                   “Planta un libro e recolle coñecemento!”.

Ademais, a obra ten unha finalidade práctica que é convertelo nun lapiceiro e organizador de escritorio, traballando Reducir e Reciclar.

 Uns verdadeiros artistas!























OBRADOIRO DE ORIGAMI

 O alumnado do club de lectura de "La muy catastrófica visita al zoo" iniciouse na arte do origami. Como ben sabedes, consiste en crear figuras tridimensionais sen usar tesoiras nin pegamento.

Neste caso, decidimos elaborar siluetas de animais para crear o noso propio zoolóxico, intentado recrear o espazo que visitaron Josephine e os seus amig@s nos últimos capítulos do libro.

Fixemos tigres, koalas, pingüíns, raposos...