xoves, 16 de abril de 2026

XOGAMOS NA BIBLIO!!

 


Seguindo a idea de que a biblioteca é tamén un espazo lúdico e fedelleiro, decidimos ampliar os nosos fondos incorporando xogos. A proposta chegou da man dunha libraría que nos achegou distintas opcións, mais a decisión final recaeu nos verdadeiros protagonistas: as nosas “cristinas” e “cristinos”.

Deste xeito, podemos observar como investigan, exploran e deixan voar esa curiosidade  que os caracteriza .Así, estendemos os brazos da biblio un pouco máis, para acubillar a estes fedelleiros de corazón inquedo e ollos brillantes. 

Porque na biblioteca tamén se aprende xogando, se medrarindo e se constrúe compartindo.





xoves, 9 de abril de 2026

HOXE SOMOS... OTTO

 Otto é un dos personaxes principais do libro "La muy catastrófica visita al zoo". Trátase dun neno extremadamente intelixente, semellando un dicionario ambulante. É fillo de pais separados. Ten moita facilidade para abordar calquera temática e profundizar sobre ela.

No día de hoxe, os participantes do club de lectura quixemos ser "Otto". Primeiro, eleximos un tema que nos gustase e no cal nos considerásemos expertos. Logo, elaboramos un pequeno borrador abordando aspectos sobre ese tema. Por último, correximos os erros, repasamos a estrutura e compartimos a nosa ponencia cos demais.

As conferencias tocaron temáticas diversas: deportes, linguas, zooloxía... Leo falou de fútbol, Marta de voleibol, Nerea dos animais, Dua do "urdu" (idioma de Pakistán), Évelyn das diferencias entre o brasileiro e o portugués...

 







 

 

 



martes, 7 de abril de 2026

HOXE SOMOS JOSEPHINE

 Continuamos co clube de lectura de "La muy catastrófica visita al zoo". Como sabemos, os compañeiros da aula de Josephine son un grupo diverso de nenos con necesidades especiais caracterizados por ser entrañables, peculiares e unidos. Inclúen personalidades distintas: o soñador, o lóxico, o atrevido...

Cada semana imos adoptar a personalidade dun deles. Josephine entende as cousas demasiado rápido, polo que desenvolvemos un obradoiro de lóxica matemática onde, por parellas, puxémonos a traballar para buscar solución aos seguintes enigmas.

Botádelle unha ollada!

 

  Adivina de patricia rodriguez bardanca