venres, 27 de setembro de 2024

MOCHILA VIAXEIRA


Como cada ano a nosa mochila viaxeira acompañaranos durante todo o curso. Semanalmente VIAXARÁ con un alumno/a a súa casa para que poidan gozar do contido das mochilas e tamén para ir completando, pouquiño a pouco, o caderno de bitácora e así rematar o curso con un novo libro para compartir. 

Xa anticipamos que o proxecto do cole é "Ler o teu corpo", polo que o contido das mochilas reflicten esta idea levando libros do corpo humano, de hábitos saúdables do seu coidado, do teatro como expresión corporal e  un xogo que coordina o corpo afectiva e físicamente.




Aquí temos aos nosos voluntarios e voluntarias, xa na porta de embarque, facendo o check-in !




Boa viaxe!








xoves, 26 de setembro de 2024

NOVIDADES

 Este curso temos novidades!

Nuno empeza unha nova aventura nas redes sociais!



Podedes comezar a seguilo en Instaram: orecunchodenuno



xoves, 12 de setembro de 2024

BENVIDA AO CURSO 2024-2025

 



Ola de novo!

Este curso 2024-2025, o proxecto do centro leva por título "Le o teu corpo", e invítanos a  mergullarnos no fascinante mundo do corpo humano con diferentes perspectivas: desde o coñecemento do noso corpo ata a exploración do teatro a través da linguaxe corporal.

Coñecermos, “leremos”  como funciona o corpo humano, e a súa perfecta engrenaxe con  hábitos de vida saudables, que supoñen  unha alimentación equilibrada, a práctica regular de exercicio físico e o xogo, xa que xogando  fomentaremos a coordinación, a creatividade , o traballo en equipo e os vínculos coas compañeiras e compañeiros.

Exploraremos o poder da expresión corporal no teatro, aprendendo como podemos comunicarnos e contar historias sen palabras.

Por último contarvos que o noso Nuno preparouse para a ocasión.





 O corpo fala, SI, polo tanto “LEAMOS” o que nos conta!