domingo, 24 de xaneiro de 2021

24 DE XANEIRO, DÍA DO ENSINO

 Como este ano o día do ensino coincide en domingo no cole celebrámolo o venres 22. O equipo TIC fixo recomendacións de vídeos sobre a educación nos diferentes países que estaba a visitar Nuno para, deste xeito, dar a coñecer ao alumnado un pouco máis sobre o "seu país". 

As actividades levadas a cabo nas aulas consistiron no visionado dos vídeos e posterior reflexión/comparación coa educación española. 


Ademais nalgunhas aulas tamén fixeron unha redacción co que descubriron sobre este día:


Así mesmo, visionamos curtas que invitan á reflexión sobre o dereito á educación. No seguinte enlace podedes ver unha curta que emocionou tanto ao alumnado como ao profesorado:


Para a semana que vén o equipo de convivencia propón para infantil traballar sobre o conto "O segredo de Flora", e en primaria investigarase novamente sobre o "seu país",  esta vez buscando datos sobre violencia, situacións de guerra recentes... xa que o vindeiro venres celebraremos o día da paz. Polo que... a investigar!
Estamos desexando mostrar todos os descubrimentos no Blog!


1 comentario: