sábado, 17 de outubro de 2026

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMEZAN A SÚA ANDAINA!

 


A nosa biblioteca escolar ponse en marcha para levar os libros máis alá das aulas e compartir a maxia da lectura coas familias.

As mochilas viaxeiras están preparadas para visitar os fogares do noso alumnado, cargadas de historias, aventuras, imaxinación e momentos para compartir.

Cada mochila é unha pequena biblioteca itinerante, esta vez sobre o ESPAZO EXTERIOR. Convida a descubrir novos exemplares, espertar a curiosidade, deixar voar a imaxinación e, sobre todo, gozar de momentos en familia. Porque ler xunt@s é moito máis ca ler: é compartir tempo, emocións, palabras e experiencias que permanecen na memoria.

Desde a biblioteca escolar estamos moi ilusionados co comezo desta nova aventura e desexamos que as mochilas viaxeiras sexan recibidas con moita ilusión en cada fogar.

PREPARADOS, LISTOS... COMEZA A VIAXE!

APERTURA DA BIBLIO!