mércores, 3 de novembro de 2021

A MOCHILA VIAXEIRA

 

E como non podía ser menos, este curso tamén nos acompaña na nosa viaxe pola imaxinación a nosa mochila !

   Este ano leva moitas cousas guays que vos encantarán: 

       - un libro de arte en xeral, e outro específico dun autor, relacionados como xa sabedes co noso Proxecto do cole "A Arte cambia o mundo"

       - un libro de lectura

        -unha película

        -e a nosa novidade para este ano : 

un libro para adultos !, porque non só os máis pequenos poden disfrutar de soñar cos ollos abertos... así que chicas e chicos, este curso diremos na casa:




Para elaborar as mochilas, contamos ca magnífica colaboración dos voluntarios e voluntarias de 6º de Primaria, axudando a montalas e repartilas polas aulas. Gracias chic@s !!






       

1 comentario: