luns, 24 de outubro de 2022

DÍA DAS BIBLIOTECAS 2022

 Ola lectores e lectoras

Hoxe, 24 de outobro de 2022, conmemoramos o Día das Bibliotecas.

Dende Bibliotecas Escolares propoñen o lema "ESCRIBIR A BIBLIOTECA ESCOLAR" para todas as bibliotecas de Galicia neste curso 2022/2023, coa finalidade de poñer o foco en todas as formas de escrita que cuida e ofrece a biblioteca escolar. A escrita como medio de comunicación, expresión, creación, información e coñecemento.

Nuno súmase a este lema e, como podedes ver, comezou a escribir moi emocionado.

E como non podía ser menos, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe A Cristina, tamén se animan a escribir textos tan máxicos como este que vos deixamos de mostra. A súa autora é Iria Orgueira Trigo, da aula de 4ºB. 

Noraboa Iria por escribir deste xeito tan bonito!

Veña, todos e todas a escribir!





2 comentarios: