xoves, 18 de xaneiro de 2024

DÍA DA MULLER E A NENA NA CIENCIA- MALETA VIAXEIRA

Dado que neste mes conmemoramos  o Día da muller e a nena na ciencia, aproveitamos para contar  como un  recurso máis, cos fondos da MALETA VIAXEIRA, en concreto "CIENCIAS PRIMARIA", que conta con libros moi interesantes que distribuímos para todas os niveis de infantil e primaria. 

O voluntariado  da biblioteca encargouse de facer o reconto de entrada e a clasificación supervisada, dos libros por niveis.

Como podedes ver, nas aulas xa estamos a tope aprendendo un montón con eles.

A listaxe completa dos libros tamén está  nesta entrada, premendo na imaxe.









1 comentario: