sábado, 6 de xuño de 2026

TEATRO A ESCENA!



O alumnado de 3º B levou adiante, na área de Proxecto Competencial, a representación da obra Cataventos e Cía, baseada no libro de Celia Díaz Núñez. Foi unha experiencia desenvolvida ao longo de todo o curso, na que se combinaron lecturas dramatizadas, ensaios, aprendizaxe de diálogos e traballo cooperativo.
 Entre erros, risas, nervios e moito esforzo, o alumnado foi medrando como grupo ata culminar nunha representación que lles permitiu gozar da lectura, da interpretación e da creación compartida.

Con moita ilusión, os nenos e nenas participaron tamén na elaboración do cartel anunciador e do atrezzo necesario para a posta en escena.Con moita ilusión, os nenos e nenas participaron tamén na elaboración do cartel anunciador, así como dunha escenografía e dun atrezzo de produción propia, creados maioritariamente con materiais de refugallo e reutilizados, integrando a sustentabilidade nun proxecto artístico cheo de creatividade.

 O proxecto acadou un fito moi especial coa súa primeira representación pública, nada menos que nun certame teatral de ámbito provincial organizado pola Deputación da Coruña.

(Premede na imaxe para ver a representación)


A aventura aínda continúa, pois quedan por diante dúas novas representacións: unha na Biblioteca Municipal e outra no Pazo da Cultura de Carballo. Estamos inmensamente fachendosos do resultado e do camiño percorrido. Quen lles ía dicir a estes pequenos artistas cando abriron o libro por primeira vez que rematarían levando a historia aos escenarios? 

De Carballo a Broadway hai a carreiriña dun can!




















Ningún comentario:

Publicar un comentario