martes, 23 de novembro de 2021

XORNADA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES


   Seguiendo a nosa folla de ruta, na procura dunha eficaz Biblioteca Escolar, acudimos un ano máis ás xornadas  establecidas para tal fin, este sábado en Santiago.

   Foi unha actividade intensa na que coñecemos experiencias doutros centros que nos achegan claves para impartilas no noso, seguindo a temática das Bibliotecas Escolares para o 2021: a ORALIDADE, posto que          



xoves, 18 de novembro de 2021

MES DA CIENCIA

 




Durante este mes, celebramos en Galicia  a Ciencia nas Bibliotecas, e desde a Consellería de Cultura e Educación, difunden un TEXTO   do científico Angel Carracedo do que destacamos o seguinte:

"O tesouro dun científico e a ilusión de buscar o porqué das cousas e a ledicia prodúcese cando un descrubrimento dá respostas ás preguntas que se fixeron e que ninguén foi quen de albiscar"

E nós, nesa busca do coñecemento, aquí estamos cos nos@s Einstein  de 6º de Infantil!! Quen dixo MEDO ?


















mércores, 17 de novembro de 2021

DÍA INTERNACIONAL DA INFANCIA

     


            

       "Leva moito tempo crecer

         ata  converternos  nun neno"

                                                                                              Pablo Picasso


       Un ano máis debemos darlle protagonismo a noso futuro:  as nosas nenas e nenos, cos seus dereitos e a súa reinvindicación de ser felices. 

      Estas nosas criaturiñas  nos sorprenden día a día, e algúns  teñen unha dimensión pública que merece ser visible. Así, traballaremos este libro, destacando persoas ilustres que xa sendo nen@s deixaron a súa pegada na sociedade. 

Quen sabe se algún día o noso alumnado ocupará a portada deste libro!

martes, 16 de novembro de 2021

OS VOLUNTARIOS DE 6º!!

 Aquí están  as nenas e nenos de 6º de Primaria,   coa súa magnífica axuda é sempre cun sorriso nos ollos!



Nesta ocasión colocando os novos libros de Arte.











  E deixamos estas imaxes dos pequerrech@s de 4º de Infantil, desfrutando da Biblio.... Para comelos!!

                                                          












mércores, 3 de novembro de 2021

A MOCHILA VIAXEIRA

 

E como non podía ser menos, este curso tamén nos acompaña na nosa viaxe pola imaxinación a nosa mochila !

   Este ano leva moitas cousas guays que vos encantarán: 

       - un libro de arte en xeral, e outro específico dun autor, relacionados como xa sabedes co noso Proxecto do cole "A Arte cambia o mundo"

       - un libro de lectura

        -unha película

        -e a nosa novidade para este ano : 

un libro para adultos !, porque non só os máis pequenos poden disfrutar de soñar cos ollos abertos... así que chicas e chicos, este curso diremos na casa:




Para elaborar as mochilas, contamos ca magnífica colaboración dos voluntarios e voluntarias de 6º de Primaria, axudando a montalas e repartilas polas aulas. Gracias chic@s !!






       

SAMAÍN NO CEIP A CRISTINA

 Queremos compartir con todas e todos vos as actividades que levamos a cabo en torno á celebración do Samaín no noso centro. 

Como xa sabedes, este ano no centro estivemos traballando lendas e seres mitolóxicos galegos que inspiraron ao pintor Urbano Lugrís. Os alumnos e alumnas de 6º de educación primaria gravaron na radio varios destas historias para dar comezo á celebración do Samaín.

Fixérono xenial!!!! Esperamos que vos guste. Pinchade na foto para escoitalos!!!


Como xa explicamos anteriormente, durante estas semanas estivemos coñecendo o pintor Urbano Lugrís. Coñecemos datos sobre a súa vida e as súas obras e serviunos de inspiración para reproducir os seus cadros e para crear os nosos propios seres mitolóxicos para celebrar o Samaín. Todas estas creacións decoran os corredores do noso centro. Deixámosvos un vídeo onde poderedes velas todas.

Tamén puidemos realizar grazas as vosas "manualidades" de Samaín unha exposición virtual.

Moitas grazas pola vosa participación!!! Sen a vosa axuda non sería posible!!!

Esperamos que desfrutedes da exposición virtual!!!




mércores, 27 de outubro de 2021

CURTAS ARREPIANTES

Boas, miñas vampiresas e trasnos !!  

    Atrevédesvos a seguir sintindo arrepíos ? Aquí vos deixo unhas curtas terroríiiiiificas!

   Pasádeo ......... DE MEDO !!!

CURTAS PARA TODOS OS PÚBLICOS:

                       

                  O APRENDIZ DE BRUXO





O BAILE DOS ESQUELETOS

 
            MICKEY E A CASA ENCANTADA

              


CURTAS A PARTIR DE 3º DE EP:



                                                           O SEÑOR SOMBRA


            

                        THE MAKER



CURTAS A PARTIR DE 5º DE EP     

                                                             CAM CLOSER



                                                      A/B SHORT FILM