venres, 11 de marzo de 2022

SEMANA DA PRENSA do 7 ao 11 de MARZO

 


A semana da Prensa na escola axuda ao alumnado a comprender o universo da prensa. Favorece o exercicio da lectura comparada das informacións e desenvolve o espírito crítico. 


 Obxectivos:
  • Fomenta-lo uso da prensa na aula.
  • Descubrir a diversidade dos medios de información.
  • Incitar aos alumnos a le-la prensa utilizando varias fontes e soportes de información.
  • Saber de de onde veñen as informacións producidas e difundidas polos medios.
  • Situar no espacio e no tempo, os acontecementos que marcan a actualidade.
  • Recoñecer as diferentes seccións dun periódico.
  • Diferenciar entre feitos e opinións.

E aquí temos ao noso alumando estudando os xornais.

5º Primaria








6º A Primaria



1º PRIMARIA

Na busca de noticias positivas






6º Infantil

Na busca de noticias sobre o mar e inventado o seu titular. Iso é nivel!







2º Primaria












3º Primaria

Na busca de noticias relacionadas con cultura.













mércores, 9 de marzo de 2022

DÍA DA MULLER- LECTURAS

 


  Se falarmos da celebración do Día da Muller, quere dicir igualdade, respecto e valoración, entón non debería ser o día 8, nin o 14, nin o 23....Porque temos 365 días ao ano para poder exercer esta vital educación en valores. 

 E con esta premisa, continuamos cas lecturas que desde a Biblioteca, repartíronse para as aulas.

 6ºA Primaria




5º Primaria













domingo, 6 de marzo de 2022

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 



    A axenda A Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible, incorpora o compromiso coa        igualdade de xénero de forma integral e transversal, especialmente o seu obxectivo número 5. Este refírese ao deber da comunidade internacional  para aprobar e fortalecer políticas acertadas e leis aplicables promovendo a igualdade de xénero, a mellora da tecnoloxía industrial, da información e das comunicacións, promovendo así o empoderamento das mulleres e as nenas.

Desde a nosa biblioteca non podemos deixar de festexar esta data , polo que o magnífico grupo de voluntari@s que sempre está a axudar cun sorriso, polo momento de "ollos", seleccionaron e repartiron , exemplares de diferentes libros, para facer lecturas nas aulas.