xoves, 28 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO (II)

    O concello brindou a posibilidade aos colexios, para  contribuír coas nosas achegas á Semana do Libro.

    Como o proxecto do noso centro é "A Arte move o mundo", levamos as nosas obras de arte que fixeramos polo Entroido (no caso de primaria),  e polo Samaín (no caso de infantil), á Biblioteca REGO DA BALSA. A exposición está aberta para todo o mundo.

   Deixamos unhas fotos, pero moito mellor será poder velas.

    Mirade que sorte ten o Concello poder contemplar tanta Arte! 



































luns, 25 de abril de 2022

SEMANA DO LIBRO

 Un ano máis, as bibliotecas escolares galegas realizamos actividades na semana arredor do día       23 de Abril, Día do Libro.


Son moitas as actividades que facemos na contorna da Biblioteca polo que a axuda dos nosos voluntarios e voluntarias é inestimable. Así, quixemos agasallalos cun caderno de Bibliotecas Escolares, unha minucia para o seu fantástico traballo !!


  No noso centro, recuperamos o apadriñamento lector  cheos de xúbilo despois das restricións da pandemia.




Esta actividade consiste en que os alumnos/as de cursos superiores se constitúan como padriños/madriñas de compañeiros de cursos inferior para compartir momentos de lectura. Así as madriñas e os padriños terán a oportunidade de lerlles historias aos seus afillados/as.

   Os obxectivos de fomentar a lectura a través desta actividade son dobres:


    - Para os padriños e madriñas:

            - Favorecer a práctica da lectura expresiva.

            -Motivación pola lectura adaptándose ao nivel do ouvinte.

            -Potenciar as relacións interpersoais.

  - Para as afilladas e afillados:

            -Desenvolver a capacidade de escoita activa.

            -Mellorar a atención e a comprensión de textos orais.

            -Saber adaptarse ás persoas de diferente idade.


          




luns, 4 de abril de 2022

MALETA VIAXEIRA: BANDA DESEÑADA / CÓMIC



 
No mes do libro, aproveitamos para facer lecturas nun formato moi atractivo:     o

          CÓMIC,

 a través do programa das Bibliotecas Escolares. que nos ofrece estes 53 títulos que serán distribuídos polas aulas, segundo a etapa e ciclo correspondentes.











xoves, 17 de marzo de 2022

CITA COS AUTORES

 

XAVIER DOMÍNGUEZ

    Tivemos a honra de ser visitados polo autor de un dos libros traballados en 5º e 6º de primaria, Xavier Domínguez.

   O alumnado estivo na biblioteca desfrutando da súa conversa, e posterior rolda de preguntas  e comentarios.

   Gracias, Xavier. Como sempre, foi un placer a túa compañía.

















luns, 14 de marzo de 2022

MALETA CREATIVA


  Hoxe despedímosnos da maleta creativa que estivo con nós durante tres semanas, con estes exemplares que resultaron moi atractivos para o noso alumnado.












DÍA DA MULLER : Imos coñecelas un pouco mellor....

       Aínda que xa pasou o día, como dixemos con anterioridade, o ano ten moitos días e todos son igual de importantes para recoñecer os méritos, neste caso os de mulleres que destacaron no eido das Artes.

   Esta é a mostra de traballos que se fixeron no cole.











Alén destes traballos , tamén fixemos duás actividades no audiovisual, en 1º e 3º P, que para velos hai que premer nas dúas imaxes inferiores.




Pinchade na foto para escoitar o PODCAST: