Empeza a conta atrás para o Entroido e Nuno buscou libros relacionados con esta temática.
luns, 24 de febreiro de 2025
venres, 21 de febreiro de 2025
DÍA DE ROSALÍA
O 23 de febreiro celébrase o día de Rosalía. Fixemos unha selección de recursos sobre esta escritora:
venres, 7 de febreiro de 2025
LIBROS POLA PAZ
Nesta entrañable eferméride, unha das visitas que non podemos esquecer é a escolma de libros relacinados coa paz, expostos nos corredores do primeiro e segundo andar.
xoves, 30 de xaneiro de 2025
CONMEMORACIÓN DO DÍA DA PAZ
" NON HAI CAMIÑO PARA A PAZ.
A PAZ,
É O CAMIÑO."
Estas palabras do gran pacifista Ghandi, foi introito para conmemorar esta gran data desde a Biblioteca.
Para reflictir esta reflexión elaboramos dúas actividades:
- Un rosco pola paz, presentado por alumnado de 6º de primaria e como concursantes 5º e 6º de primaria.
- Un poemario no que participou o alumnado de todos os niveis de primaria, que visualiza a realidade de moitos nenos e nenas que se ven obrigados a vivir, en deficientes condicións, convertendo resiliencia na súa supervivencia.
Podedes ver as imaxes da súa actuación na radio escolar, Radio Cristinuna, e premendo sobre a primeira e a última foto escoitar os podcast correspondentes.
Seguro que desfrutades destas actividades que foron a nosa ponte de unión no camiño da paz!
venres, 17 de xaneiro de 2025
Certame Contos De Nadal
Un ano máis participamos no certame de CONTOS DE NADAL e un ano máis acadamos un posto no podio !
Nesta ocasión a gañadora foi Alba García Suárez de 3º curso de Primaria.
Parabéns!!
venres, 20 de decembro de 2024
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
Estas son as nosas recomendacións lectoras para o Nadal, que para o 2 e 3º ciclo, inclúen os libros que leremos en común na clase.
E con isto, desexamos un Feliz Nadal e un próspero ano cheo de libros que nos fagan vivir a aventura da lectura!!














