venres, 6 de xuño de 2025
CLUB DE LECTURA
5 DE XUÑO DÍA DO MEDIO AMBIENTE
Onte celebrouse o día internacional do medio ambiente. Aproveitamos para mostrar novas adquisición da biblioteca relacionadas con esta temática.
xoves, 5 de xuño de 2025
ENCONTROS INTERCENTROS - De volta !!
Seguindo coas liñas prioritariais para este curso, fixemos unha xornada de encontros intercentros, co
CEIP XOSÉ SAN LUÍS ROMERO.
que nos devolveu a visita despois de acudir nós ao seu centro.
O seu alumnado de 6º de Primaria e o noso, elaboraron un podcast onde desenvolveron as súas experiencias radiofónicas e inquedanzas de cara ao futuro próximo no instituto. (Premede nas dúas imaxes seguintes)
Grazas por acompañarnos!
martes, 20 de maio de 2025
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS (II)
Vencellando a conmemoración das Letras Galegas, ao eido radiofónico, participamos un ano máis no certame "O Vello dos Contos".
Nas bases do certame, especifícase a elaboración dun podcast baseado na figura das cantareiras, tan emblemática para nós, preservando e difundido a cultura popular.
Polo tanto, o alumnado de 5º e 6º de primaria, conducindo o rumbo das ondas de Radio Cristinuna, fixo un percorrido biográfico e musical, no que cobraron vida estas fascinantes mulleres, enmarcando o seu contexto coxuntural na sociedade que viviron, o seu olvido e posterior recoñecemento que supuxo o relevo xeneracional e ata unha entrevista con Bieito Romero, fundador de "Luar na Lubre".
Parabéns, rapaces !!
SEMANA DAS LETRAS GALEGAS
O noso homenaxe ás cantareiras foi a elaboración dunhas caricaturas desta sete mulleres máis salientables, facendo o que elas mellor sabían: tocar a pandeireta e cantar. Polo tanto, o alumnado de 3º e 4º de primaria, fabricou unhas pandeiretas con material de reciclaxe, e dentro debuxaron a imaxe de todas elas en forma de caricatura, xunto coas súas coplas máis significativas e coñecidas. Colgámolas decorando os corredores, e este foi o resultado, do que estamos moi fachendosos.
Vivan as nosas letras!!
domingo, 11 de maio de 2025
venres, 9 de maio de 2025
LETRAS GALEGAS 2025
No cole xa nos estamos preparando para as letras galegas!

A Real Academia Galega acordou dedicar o Día das Letras Galegas 2025 á poesía popular oral, personificado en Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda, Eva Castiñeira Santos, de Muxía, e Manuela Lema, Teresa García Prieto e Prudencia e Asunción Garrido Ameixenda, integrantes estas catro das Pandeireteiras de Mens (Malpica).
Ademais Nuno xa fixo a súa selección de libros en galego realcionados coa temática. Podedes atopar varios exemplares de autores xa homenaxeados noutros anos, así como obras nas que a música popular é a protagonista.












.png)




