Para conmemorar este mes, estamos a traballar os fondos da maleta viaxeira, a co gaio de esta celebración e deixamos no corredor a nosa proposta cos libros escollidos para este novembro científico:
mércores, 19 de novembro de 2025
NOVEMBRO CIENTÍFICO (I)
SAMAÍN NA BIBLIO
Xa decoramos....
E ademais, o alumnado de 6º de primaria, recitou na radio, contos de Samaín, de creación propia! Temos uns artistazas!!
Escoitádeos premendo sobre o botón.
venres, 7 de novembro de 2025
INICIANDO BIBLIO CREATIVA
Esta semana iniciamos a nosa andaina en Biblio Creativa presentando os distintos robots cos que imos experimentar e programar ao longo do curso como, por exemplo, o modelo Photon ou o Puppy VinciBot.
Coñecemos un pouquiño máis acerca do seu funcionamento.
martes, 28 de outubro de 2025
TEATRO LIDO- Seleccionados!!
Tivemos a magnífica noticia de ser seleccionados para o Certame de Teatro Lido, organizado dentro da plataforma FIOT organizado polo concello.
Isto dounos a oportunidade non soamente de visitar unha emisora de radio "de verdade", senón ser protagonistas do noso propio podcast, que se emitirá a través das Ondas para que todos poidades escoitar o magnífico traballo que fixeron os nosos artistas.
Isto chámase explotar as nosas fortalezas como centro e sentirnos moi fachendosos !
Parabéns, artistas!
DÍA DAS BIBLIOTECAS (II)
Hoxe tivemos a oportunidade de entrevistar na radio a Antonio, profesor de 2º de Primaria e un
auténtico mestre polivalente: ensina, toca música, fala varios idiomas e mesmo publicou un libro de poesía. Explicounos que a biblioteca é unha gran aliada para evitar a desinformación, porque antes de crer todo o que vemos ou escoitamos é importante comprobar as fontes e buscar información fiable.
Sempre simpático e disposto a axudar, dá gusto contar con alguén así no noso centro.
Premendo sobre a imaxe, podedes escoitar a entrevista completa.
venres, 24 de outubro de 2025
DÍA DAS BIBLIOTECAS (1)
Este ano celebramos o Día das Bibliotecas baixo o lema “Contra a desinformación”, lembrando que a biblioteca é unha fonte segura de coñecemento e cultura.
Todas e todos temos cabida neste espazo de aprendizaxe e imaxinación. Cada lector e lectora é diferente, e iso fainos especiais.
Por iso traballamos este libro, que explica con pictogramas como funciona unha biblioteca, para que todas as persoas, con diferentes maneiras de aprender e de entender o mundo, poidan descubrir o marabilloso universo dos libros e da información fiable.
xoves, 23 de outubro de 2025
NENA E O MAR
Benvid@s ao Club de Lectura deste curso 2025/26 no CEIP A Cristina!!
Este ano temos o privilexio de traer ao noso clube a novela "Nena e o mar", creada pola escritora coruñesa Érica Esmorís e que nos traslada á vila costeira de Porto Balea para vivir da man da Nena, a súa protagonista, grandes aventuras!
Os dous primeiros capítulos preséntannos tanto a Nena como á contorna na que vive, o pobo mariñeiro da Porto Balea, que hai tempo atrás tratábase dunha poboación activa e emprendedora grazas a súa principal actividade económica: a caza de cetáceos.
A primeira actividade que fixemos no Clube de Lectura foi un pouquiño de papiroflexia para recrear os barcos que deben estar amarrados no peirao de Porto Balea, máis nós fixémolos de cores para darlle un chisco de ledicia ao ambiente da vila e tamén para decorar o teito da nosa biblioteca.
Cal será a próxima actividade?
Xa veremos xa!






