mércores, 17 de decembro de 2025

NADAL RECICLANDO

E como nas Crebas aquí non se tira nada —aprovéitase todo, todiño— non só reutilizamos… tamén reciclamos, que xa somos xente apañada.


Así  entendeuno perfectamente o alumnado de 3º de Primaria, que decidiu darlle unha segunda vida ao cartón interior do papel hixiénico para crear adornos de Nadal. Sustentabilidade, consumo responsable e moita imaxinación, todo no mesmo pack.




E claro, na aula xa se escoitaban frases  como:
“Xa non temos que mercar bólas de Nadal… facémolas nós… ¡é moito máis guai!”

Menudos artístas!!!!
















NADAL REUTILIZANDO

 Seguindo coa temática do proxecto do cole para este ano, "As crebas da Cristina!, o alumnado de  3ºB  realizou unha árbore de nadal, empregando materiais de refugallo: un cartón xa reutilizado do curso anterior, unha estrela feita con envase de ovos e uns marcos de foto, utilizando antigos CD,S que todos temos pola casa. 


As bólas da árbore deste Nadal non son de cristal nin de luxo: son de carne e óso, falan sen parar, rin a gargalladas e enchen a aula de vida.

 Os nenos e nenas brillan tanto… que ata a profe tivo que colgarse na árbore para non quedar á sombra!






A TIPOGRAFÍA: O SLOGAN





Seguindo o lema das Bibliotecas Escolares para este curso, desde a Biblioteca propuxemos a creación de slogans para poñer en práctica a técnica da tipografía en distintos formatos, convertendo o deseño nunha verdadeira porta aberta á creatividade.

E este é o resultado... que tremen os publicistas!




NOVA ADQUISIÓN DE FONDOS

 





Co noso interese por actualizar os fondos da biblioteca, adquirimos novos libros para todos os niveis, coa intención de ofrecer unha proposta variada, actual e atractiva que esperte o gusto pola lectura.

A biblioteca convértese así nun espazo de lecer, aventura e creatividade, no que procuramos dar resposta ás necesidades de todo o alumnado, tanto a través da narrativa como dos libros informativos.



domingo, 14 de decembro de 2025

CARTAS ANTIGAS DO MAR

 Quen non desexa ir paseando pola praia e atopar unha carta dentro dunha botella? 

Os alumnos e alumnas que participan no clube de lectura elaboraron unhas cartas antigas. Primeiramente, mancharon o folio con café e logo redactaron un texto relacionado co libro de "Nena e o mar".


 


xoves, 27 de novembro de 2025

NOVEMBRO CIENTÍFICO (II)

 Seguimos experimentando no laboratorio da biblio. Hoxe comprobamos as propiedades do aire e dalgúns dos seus compoñentes, como o osíxeno. Que papel xoga o osíxeno na combustión? Que relación hai entre aire e o comportamento dos líquidos? Velaiquí tendes algunhas respostas.

 









xoves, 20 de novembro de 2025

FACENDO NÓS MARIÑEIROS

 Outra sesión máis do Clube de Lectura! Grazas ao libro de "Nena e o mar" aprendemos a facer nós mariñeiros: o nó de oito, o de rizo e o de ballestrinque!

 Xa estamos listos para embarcar!