luns, 2 de febreiro de 2026

MONICREQUES para a PAZ

 


Dentro do programa de acompañamento entre iguais, traballamos o conto “Pepuka y el Monstruo que se llevó su sonrisa”.

O alumnado de 3º  quedou tan enfeitizado coa historia que decidiu sacar do libro a Pepuka, o monstro e as mascotas, converténdoos en monicreques para darlles vida sobre o escenario e representar o conto.

E non se conformaron con lelo en escena… foron máis alá: crearon o seu propio guión, adaptando a historia, dialogando, imaxinando e escribindo. Ata elaboraron as invitacións do evento !! 


Deste xeito, desenvolveron a expresión e a escrita creativa, traballando a lectura, a produción de textos e a oralidade de maneira significativa, seguindo as liñas do PLEA e fomentando a creatividade, a cooperación e o gusto pola lectura.
E como guinda do pastel, temos a representación teatral que podemos ver premendo sobre a imaxe, conmemorando o día da Paz.

E aquí, podedes ver os segredos do making off!


Esta experiencia permitiu potenciar a oralidade e a pronuncia, así como o traballo cooperativo, ao ter que organizarse, repartirse roles e colaborar para sacar adiante a representación.

Porque, ao final, son uns artistas bárbaros, con talento dabondo para facer vibrar o escenario… e quen sabe se moi pronto converteremos  Carballo en Broadway !!










venres, 23 de xaneiro de 2026

CALIGRAMEANDO

 O alumnado de terceiro anda moi poético e que mellor maneira de aproveitar a súa inspiración que elaborando uns caligramas ben fermosos.

Primeiro, visitamos a biblioteca e escollemos os libros de poesía. Tiñan que conter composicións que puidésemos representar. 

Estes foron algúns dos exemplares escollidos.



Logo, na aula, elaboramos os caligramas.




















xoves, 18 de decembro de 2025

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 










I ENCONTRO CENTROS RADIO NA BIBLIO

 


Esa é  imaxe : a nosa labor da radio constante e chea de ilusión, levounos a ser convidados, como alumnado de 5º de primaria, ao I ENCONTRO  DE  CENTROS educativos que desenvolven a Radio Escolar.



Fixemos obradoiros, asistimos a tertulias, merendamos dúas veces....e de "postre", atopámonos cunha mestra-actriz que crea programas divulgativos sobre o correcto uso do galego, como Dígocho eu, cos que traballamos moitísimo na aula.

Como non podía ser doutro xeito, fixemos foto con ela: somos fans incondicionais .
Que chulada poder coñecer en persoa a alguén tan querido e tan “famoso” para nós!
Marta… non laves nunca a chaqueta!







mércores, 17 de decembro de 2025

EXPURGO: LIBROS QUE SE RENOVAN, COCIÑAS QUE SE ENCHEN"

 


Coa chegada do Nadal, quixemos converter o necesario expurgo, para renovar os fondos da biblioteca e retirar aqueles libros que xa cumpriran o seu ciclo, transformando este tempo tan especial   nun xesto solidario. Porque os libros alimentan a nosa alma… pero tamén poden axudar a encher mesas e cociñas.

Baixo o título “Libros que se renovan, cociñas que se enchen”, puxemos en marcha a campaña “Trae un alimento e leva unha historia: a solidariedade tamén se le”, unindo lectura, compromiso e corazón nestas datas nas que compartir cobra máis sentido ca nunca.





NADAL RECICLANDO

E como nas Crebas aquí non se tira nada —aprovéitase todo, todiño— non só reutilizamos… tamén reciclamos, que xa somos xente apañada.


Así  entendeuno perfectamente o alumnado de 3º de Primaria, que decidiu darlle unha segunda vida ao cartón interior do papel hixiénico para crear adornos de Nadal. Sustentabilidade, consumo responsable e moita imaxinación, todo no mesmo pack.




E claro, na aula xa se escoitaban frases  como:
“Xa non temos que mercar bólas de Nadal… facémolas nós… ¡é moito máis guai!”

Menudos artístas!!!!
















NADAL REUTILIZANDO

 Seguindo coa temática do proxecto do cole para este ano, "As crebas da Cristina!, o alumnado de  3ºB  realizou unha árbore de nadal, empregando materiais de refugallo: un cartón xa reutilizado do curso anterior, unha estrela feita con envase de ovos e uns marcos de foto, utilizando antigos CD,S que todos temos pola casa. 


As bólas da árbore deste Nadal non son de cristal nin de luxo: son de carne e óso, falan sen parar, rin a gargalladas e enchen a aula de vida.

 Os nenos e nenas brillan tanto… que ata a profe tivo que colgarse na árbore para non quedar á sombra!