Érase que era unha vez, un grupo de aventureiros rapaces e rapazas que alá polo ano 2014 decidiron agochar nun cofre unha colección de tesouros, nada máis e nada menos que dentro da nosa biblioteca.
Eso si, con unha condición: non poder abrir este misterioro tesouro ata 10 anos despois, é dicir, no mes de xuño do ano 2024. Este ano!!
Os voluntarios e voluntarias da biblio estaban expectantes e súper nerviosos por saber que cousas tan marabillosas estaban silenciadas durante 10 anos. Que había? Moitos escritos de satisfacción por formar parte do noso cole, debuxos moi alegres dos pequenos de infantil, moito agarimo coas súas lembranzas e desexos curiosos para os outros nenos , como "oxalá os nenos e nenas dos vindeiros cursos poidan ter nas aulas pizarras dixitais".... E xa vedes que a maxia destes rapaces non soamente conseguiu facer realidade ese soño , senón que ata temos pizarras de última xeneración!
Aquí deixamos o noso cariñoso achuchón, para eses aventureiros, de parte do alumnado que hoxe abriu a caixa, e que por aquela data,.... aínda non nacera!