xoves, 21 de marzo de 2019

DÍA DA POESÍA

O 21 de marzo conmemoramos o día da poesía e este curso decidimos traballar distintos tipos de poesía.

En educación infantil realizamos varios caligramas relacionados coa primavera. O caligrama é un tipo de poesía para mirar e contemplar ademais de ler. Nos caligramas, o poeta debuxa un obxecto relacionado co tema principal do poema.


En 1º e 2º de educación primaria realizamos uns acrósticos, que son unhas composicións poéticas nas que as letras iniciais, medias ou finais de cada verso, lidas en sentido vertical, forman un vocablo ou locución.


En 3º, 4ºA e 4º B de educación primaria fixemos os poemas limerick, unha forma poética moi coñecida no mundo anglosaxón. Está formada comunmente por cinco versos de tipo anapesto, cun esquema de rima estrito: AABBA. O limerick ten xeralmente intención humorística. Os dous primeiros versos riman co último, así como o terceiro co cuarto, e estes dous polo xeral son mais curtos.


E en 5º e 6º de educación primaria traballamos os poemas diamante. Os poemas diamante son poemas de 7 versos asoantes en forma de diamante. O primeiro verso consiste dun sustantivo; o segundo de dous adxectivos que describan ao sustantivo; o terceiro, de tres verbos; o cuarto de catro sustantivos (os dous últimos deben ter un significado oposto aos dous primeiros); o quinto de tres verbos que reflictan o cambio no suxeito do poema; o sexto, de dous adxectivos que continúen a idea do cambio; e o sétimo dun sustantivo que sexa oposto ao primeiro sustantivo. 


Aquí tedes unaha mostra do traballo completo.


Ademais, hoxe, na hora de ler, fixemos a lectura destes poemas no patio do colexio. Esperamos que vos gusten. 






Moitas grazas a tod@s polo voso esforzo.

luns, 18 de marzo de 2019

SEMANA DA PRENSA

A semana pasada conmemoramos a semana da prensa e todas as aulas dedicamos a hora de ler á lectura de xornais, tanto en papel como online.

Ademais, fixeronse distintas actividades cos xornais para achegar a prensa aos mais pequenos.

Botade unha ollada ao vídeo!!




mércores, 13 de marzo de 2019

DÍA DA MULLER

O 8 de marzo conmemoramos unha data moi importante, O DÍA DA MULLER.

Por iso, os nenos e nenas do CEIP Plurilingüe A Cristina traballamos durante estes días con distintas mulleres importantes da cultura galega investigando todo sobre elas, facendo fincapé, acorde ao proxecto de centro, na revolución e en qué foron revolucionarias.

O equipo de biblioteca en colaboración co equipo de dinamización da lingua galega prepararon a montaxe deste vídeo coa canción de "Matriarcas" de Guadi Galego, representada polo alumnado de 6º de Educación Primaria. 

Esperamos que o desfrutedes.