Tivemos a oportunidade de desfrutar cos contos de medo que escribiron catro nenas de 6º de primaria: Adelaida, Aroa, Natalia e Ainara.
Si, si... oíchedes ben! Elas mesmas escribiron as súas historias e despois decidiron contárnolas na radio. Foi unha actividade conxunta co departamento de Normalización da Lingua Galega que estivemos encantadas de compartir.
Se premedes na imaxe, podedes escoitar as súas terroooooooooríficas historias!