martes, 31 de marzo de 2020

Eu quedo na casa/ Día das Artes galegas

Soamente falta unha hora para que sexa 1 de Abril, o Día das Artes Galegas, celebración instituída pola Real Academia Galega de Belas Artes, e este ano o homenaxeado é o arquitecto Domingo de Andrade, creador de diversas obras coñecidas de Santiago de Compostela, entre elas, a miña  apreciada Torre do Reloxo.

E para celebralo, non atopamos mellor ocasión para compartir con vós as achegas artísticas que veñen da man de Fabiola, de 4º de infantil, e de Germán de 6º de Infantil, que dedicaron o día a facer os marabillosos traballos artísticos que podedes ver na seguinte imaxe:




Parabéns Germán e Fabiola, sodes uns grandes ARTISTAS!!!!


Moitas grazas por compartilo con nós!!


Os e as que queirades aínda estades a tempo! Mañá podedes enviarnos todas as obras de arte que estades facendo estes días na casa! ceipacristinabiblioteca@gmail.com

Eu quedo na casa/ Iniciativas xeniais

Rematamos o día cun sonrriso moooooooooooooi moi grande.

O motivo é por un detallazo que tiveron  Rodrigo, Mateo e a súa familia con este verme tan colorido, mascota oficial da nosa biblioteca, e con Plufi, a nosa mascota máis deportiva do cole.

Si, si... un regaliño para nós!.

Hai a quen fan figuras de cera na súa honra, e a nós, que non somos menos, unhas figuras aínda máis molonas, e a tamaño real!!!!

Mirade, mirade que guapiños quedamos Plufi máis eu!


Cuns cantos globos, que tanto nos gustan...



Recorta, e pega






Que non falten limpiapipas







E argallando moito...


Aquí estamos nós!!!!







Moitísimas gracias familia. 

Tanto Plufi coma eu ímos para a cama súper contentos e agradecidos!!!!!👏👏👏👏👏👏

Eu quedo na casa/ Eu bailo na casa

Esta tarde Andrea, de 4º de primaria, comparte con nós unha coreografía con moita marcha para que nos levantemos do sofá e movamos un pouco o esqueleto!!!!

Poñede o volumen ao máximo, facede un pouco de sitio para non tropezar con nada e..... 

A BAILAR!!!!






Bravo Andrea!!!!!!

Moitas grazas por compartir o baile con nós e animarnos esta tarde gris!






Receitas saborosas

Hoxe Marcos, de 5º de infantil comparte con nós unha receita que fan a miúdo na casa porque ademais de estar moi moi ricos....pode facela él e así mellorar a súa motricidade fina.

Receita: Palitos de pan!!!



1º Preparamos os ingredientes e útiles necesarios




2º Desfacemos a levadura na auga tibia e añadimos o aceite



3º Mesturamos as fariñas e sal



4º Mesturamos as fariñas e a levadura con aceite.



5º Engrasamos un bol e botamos a masa ligada dentro, tapamos e deixamos levedar unha hora.

6º Collemos pequenas porcións de masa e modelamos en forma de churro




7º Tamén podemos engadir sementes 



8º Colocamos os churriños sobre o papel na bandexa que se meterá no forno e deixamos reposar 30 min.



9º Metemos no forno sobre 10 min aproximadamente. Deixamos enfriar... e a comer!




O chef da casa ademais nos da algúns consellos:
- Pódense facer só con fariña de forza.
- Normalmente dobran a cantidade de ingredientes porque sempre quedan con ganas de máis!!!!!


Ademais, como os paliños de pan tamén están moi ricos botándoos na sopa....Comparte con nós un dos contos preferidos del e dos seus compis de infantil, que podedes visualizar a continuación:





MOITAS GRAZAS MARCOS E FAMILIA!!! 

HOXE, GRAZAS A VÓS PASAREMOS UNHA TARDE DO MÁIS ENTRETIDA!

Concurso de contos sobre os olivos

Hoxe Xoel, de 6º de infantil, quere compartir con todos e todas  nós  un concurso de contos no que poden participar todos os alumnos e alumnas de educación primaria, que deberán versar sobre as labores, a historia, as tradicións ou a biodiversidade do olivo e/ou o olivar, como por exemplo
:
  • O uso tradicional das plantas que aparecen ou aparecían nos olivares.
  • A fauna que habita ou habitaba entre os olivos.
  • As labores que ao longo do ano lévanse ou levábanse a cabo no olivar (corta, recollida da aceituna, arado…).
  • As festas, tradicións e/ou cancións propias do olivar.
  • Lendas vinculadas ao olivar.
  • Ou Ameazas para a conservación da biodiversidade nos olivares.

No seguinte enlace que nos proporcionou Xoel podemos atopar as bases do concurso.

https://olivaresvivos.com/quedate/


Ademais, nos envía o vídeo co que realiza él e a súa familia todos os días o Saúdo ao sol!



e mándavos moitos bicos para que teñades un día XENIAL!!!

Eu quedo na casa/ Iniciativas xeniais!

Onte pola tarde Abel e Sara Antelo Fraga estiveron na súa casa acompañados  de dúas das especies máis emblemáticas da nosa fauna, o Lince ibérico e o Oso pardo.

Si, si, líchedes ben, na súa casa!!!

Mirade, mirade...





Aínda que seguro que estarían encantados de velos de preto aos animais reais, velos en 3 dimensións e poder sacarvos unha foto con eles tampouco estivo nada mal non??

Unha iniciativa chulísima ca que ademais de pasar momentos en familia divertidísimos apréndese moito dos animais.

Moitas grazas Familia Antelo Fraga, encantóunos a vosa actividade!!!!

Eu quedo na casa/ Eu leo na casa

Bos días a todos e todas!

Hoxe compartimos con vós unha iniciativa de Narración Oral Galega chamada Pandemia de Contos, onde poderedes ver moitos contacontos tanto para público infantil como adulto, da man de moitas caras coñecidas, como por exemplo.... Lilí Gruyere, a nosa ratiña preferida dos Ratos Lonxedetodo.

Podedes ver o seu conto, así como moitos outros na súa canle de youtube á que chegaredes premendo aquí ou na seguinte imaxe:



Agardamos que desfrutes deles!

Se queredes, xa sabedes que podedes compartir os vosos contos cos vosos compañeiros e compañeiras a través deste blog.

Receitas saborosas: bolechas de avea e chocolate

Hoxe compartimos con vós unha receita de Bolechas de avea e chocolate que nos chega dende Denia, Alicante, da mán do afillado dunha das nosas profes da biblio.

Ingredientes:
100gr de avea
100 gr de fariña
100 ml de leite (ou auga)
Mel para ligar a masa
Anacos de chocolate para decorar.


Intruccións:
1º Mesturamos ben a avea, fariña, leite e mel.



2º Humedecemos as máns e dámoslle forma a anacos de masa en forma de boliña.

3º Logo aplastamos as boliñas enriba da bandexa co papel de forno e poñémoslle uns anacos de chocolate ou améndoas, noces.....



4º Metemos no forno e nuns 10/15 minutiños.....  a desfrutar!



Moitas grazas Edu!!! Mañá xa as tomaremos no almorzo igual ca ti!




luns, 30 de marzo de 2020

Día do Libro infantil e Xuvenil



O vindeiro xoves, 2 de abril celébrase o Día do Libro infantil e xuvenil, data en honor a Hans Christian Andersen (que naceu nesta mesma data no ano 1805), creador de contos para nenos e nenas que seguro tod@s nós coñecemos como "O patiño feo", "A sirenita" ou "O soldadiño de chumbo".



Este autor deixou un gran legado que moitos outros autores e autoras siguen, polo que desde o Recuncho de Nuno gustaríanos que todos e todas vós compartísedes cales son os vosos libros infantís favoritos.

Podedes mandarnos o voso nome e o título do voso conto preferido, unha fotografía vosa co libro, un vídeo explicando cal ou cales son as vosas lecturas preferidas e así podemos compartilas entre todos.

Agardamos as vosas recomendacións!!!


Eu quedo na casa/ Iniciativas xeniais

Hoxe Leo de 4º de infantil e Luci de 1º de primaria, achégannos a súa proposta do día.

A primavera xa chegou, e aínda que fai un pouco de frío hoxe, decidiron que xa era hora de comezar o seu propio invernadoiro.

Nas seguintes imaxes explícannos os pasos necesarios e os materiais empregados:

1º Nun recipiente con tapa colocaron os maceteiros



2º. Elixiriron as sementes a prantar. Neste caso decidiron cultivar ceboliño, eneldo e albahaca



3º Regaron  a terra de cultivo



4º. Repartiron a terra en cada oco



5º. Fixeron os buratiños á terra para introducir as sementes.



6º. Colocaron as sementes



7º. Regaron de novo cada oco



8º. Colocaron a tapa transparente e... INVERNADOIRO LISTO!



MOITAS GRAZAS POR ESTA BONITA E SAUDABLE INICIATIVA 
FAMILIA REMUIÑÁN VEIGA!

Unha gran idea!

Eu quedo na casa/ Eu bailo na casa

Hoxe, Sara Antelo de 4º de infantil, compartíu con todos e todas nós a proba da realización dunha das tarefas que as profes lle propuxeron para esta semana na casa... Facendo Zumba Kids e perfeccionando así a súa motricidade grosa!

Como podemos ver no seguinte vídeo está traballando moi moi ben! 


Moitas grazas Sara!!! 

A seguir con tan bo ritmo e compartíndoo con nós!





Receitas saborosas: Pizza!

Esta fin de semana Andrea converteuse na chef da casa e elaborou unha pizza para toda a familia, deliciosa polo que puiden ver e o que me contaron....

E como non a todos lles gustaban os mesmos sabores ixo unha pizza por metades tal e como nos ensina nas seguintes imaxes.

1º Con moito coidado picou algúns dos ingredientes principais ( queixo, mozzarella, pavo...)








2º Nunha masa fresca engadiulle salsa de tomate á base e repartiu os ingredientes ao gusto dos comensais.




3º. Unha vez lista, meteuna no forno durante uns 15- 20 min aproximadamente




4º En canto a viu ben cocida retirou do forno con moito coidado e... a DEGUSTALA!



BO PROVEITO FAMILIA! 

Agardamos que sigades enviándonos receitas tan saborosas!!!


GRAZAS!

Eu quedo na casa/ Eu xogo na casa

Os nosos compañeiros/a  Andrea, de 4º de primaria, Rodrigo de 4º de primaria e Mateo de 6º de infantil, compartíron con nós algunhas das actividades que fixeron esta fin de semana.

Andrea estivo a realizar un experimento sorprendente. 
Creou unha pelota saltarina! E... como o fixo?

Pois...nun recipiente con vinagre meteu un ovo. Sí, sí, líchedes be, UN OVO!



Deixouno no vinagre dous días repousando... et voilá!!! No seguinte vídeo podedes ver o resultado!




Por outro lado, Rodrigo e Mateo andiveron pensando alternativas para reciclar parte do lixo que se vai acumulando estes días e tiveron unha gran idea. 
Por que non facer algo que lles servira para xogar nos ratos libres? Un xogo de bolos!!!!

Aquí móstrannos o paso a paso:

1º Coller os útiles e ferramentas para deixar os bolos ben chulos!





2º. Depois de sacar o papel ás botellas, decorar ao gusto.




3º. Facer a bola con periódicos  e decorar.





4º. Facer o cadro de rexistro de tódolos participantes que haxa na casa.



5º. A xogar en familia e a divertirse!!!!



E a vós que se vos ocurriu para xogar na casa???