mércores, 21 de xuño de 2023

BOAS VACACIÓNS!

 Ola lectores e lectoras,

Nuno e Nuna despídense de vós para desfrutar dunhas merecidas vacacións. 

Esperamos que desfrutedes moito e facendo o que mási vos guste, pero non vos esquezades de ler!

Vémonos en setembro!




GRAZAS AOS VOLUNTARIOS E VOLUNTARIAS

 Ola lectores e lectoras,

Nuno, Nuna e os mestres e mestras queremos agradecer ao alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria que ao longo de todo este curso participaron como voluntarios e voluntarias, facilitando o bo funcionamento da biblioteca.

Esperamos que desfrutárades da experiencia.




venres, 16 de xuño de 2023

RECOMENDACIÓNS LECTORAS 2023

Ola lectores e lectoras!

Estamos rematando o curso pero non debemos esquecernos do noso amigo Nuno.... sentirase moi soíño sen nós, polo tanto, imos facer o que máis lle gusta:


Estivemos elixindo , con moita atención, libros moi chulis adaptados para cada un de vós,  porque o verán é moi longo e imos ter tempo para todo.

Seguro que desfrutades un montón!





mércores, 7 de xuño de 2023

MALETA VIAXEIRA

 Preparados e preparadas para comezar unha nova viaxe a través dos libros!

A consellería facilitounos a maleta e agora  nós somos os vixeiros na marabillosa tarefa de ler!

Para comezar, aquí temos aos protagonistas, con moita atención e entusiasmo, verificando os títulos dos libros!!

Esta é a listaxe dos libros. Un alimento que apetece!











martes, 6 de xuño de 2023

ENCONTROS CON SANTILLANA



 Hoxe tivemos a sorte de ter entre nós a Viki!

É unha actriz que nos enviou a editorial Santillana, para alongar un pouquiño máis, e sobre todo divertinos, o libro que estivemos a ler este ano en  3º e 4º de primaria, "El ataque polilla" de Ledicia Costas.

Foi moi entretido porque puidemos descubrir canto sabiamos dos personaxes do libro, como era o seu carácter, a súa forma de falar e, de moverse.... e grazas a Viki, interpretalos de forma teatral!

Pasámolo xenial!








OBRADOIROS DE ESCRITA

              
  Sen esquecernos que o lema das Bibliotecas para este ano é

        ESCRIBIR,

deixamos outra contribución coa elaboración de poesías de adiviñas, seguindo o formato clásico.

A creación da adiviña, acompañada dunha ilustración a modo de verificación do acerto ou non, supuxo un bonito traballo.







Din que "o falar non ten cancela", e moito menos a escrita, onde nos podemos agochar para contar as nosas penas e glorias. Así vense facendo desde hai milleiros de anos, e aos primeiros dámoslle unha relevancia especial: Mesopotamia e Exipto.
 Así, o alumnado de 4º de primaria, empregou a escritura cuneiforme e xeroglífica. 
Velaí o resultado destas magníficas obras, para as que tamén realizaron o soporte axeitado.



E como non, tamén escribimos CALIGRAMAS:






luns, 5 de xuño de 2023

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE






A nosa contribución a esta efeméride foi unha actividade de  Contacontos, a cargo de
SARA  LAYA, do grupo "A Xanela do Maxín". Traballáronse os valores da sostenibilidade  dunha forma lúdica que encandilou ao alumnado de 3º e 4º de Primaria.

Que hai dentro das caixas? Agasallos asombrosos baseados nos principios das 3R+1 (Reducir, reutilizar, reciclar e... repartir!) cos que creou contos sorprendentes, fomentando a curiosidade e a imaxinación. Unha experiencia divertida e sustentable na que sorpresa tras sorpresa e con poucos elementos creou unha aprendizaxe para rir e aprender ao mesmo tempo.

                                             PINCHA AQUÍ PARA VER UN VIDEO