venres, 30 de outubro de 2020

LENDA DE SAMAÍN E EXPOSICIÓN VIRTUAL

 

Este ano non puidemos decorar o centro como acostumamos a facelo pero... grazas a vosa colaboración puidemos organizar unha exposición virtual que poderedes visitar no vídeo que aparece a continuación. 

Ademais todo o alumnado do centro participou en elaborar unha lenda do Samaín!!!! O resultado desta colaboración entre todas as aulas do centro poderedes escoitala tamén no vídeo, o que vos permitirá viaxar pola imaxinación dos nosos alumnos e alumnas!!!!!

Moitas moitas grazas pola vosa colaboración e participación!!!!Non podemos estar máis felices co resultado obtido!!!!

 


xoves, 29 de outubro de 2020

RADIO NA BIBLIO!

Bos días a todos e todas!

Hoxe estou moi moi ledo porque recibín a maior noticia que podía esperar, xa que levaba moito tempo esperando de que un día se podería cumprir este sono:
O NOSO COLEXIO FOI SELECCIONADO PARA FORMAR PARTE DO PROGRAMA RADIO NA BIBLIO!!!!!!!!!! 
 
Proximamente teredes máis novas sobre este programa... 

Biquiños, 

Nuno



LECTURAS TERRORÍFICAS

 Este ano non puidemos ir contar contos nas distintas clases debido á COVID-19...pero esta situación non fixo que deixaramos de realizar a actividade! 

Tivemos que adaptarnos ás circunstancias e as alumnas e alumnos de 5º e 6º de primaria prepararon as lecturas e graváronas para que os demais alumnos e alumnas do centro poidan desfrutar con elas!!!!

Vos tamén podedes, mirando os seguintes vídeos. Esperamos que vos gusten. 

A nós encantáronos!!!!

5ºA




5ºB


6ºA


6ºB

Pasastes moito medo? Jajajajajajajajaja

martes, 27 de outubro de 2020

CONTOS TERRORÍFICOS


 A Nuno encántalle o Samaín, por iso, ademais da súa selección de curtas, pediu a vosa colaboración.   

E o resultado.... familias con grandes dotes de narración!  Non podemos estar máis encantados con estes contos tan fantásticos que quixestes compartir con nós!!!!!

Agradecémosvos moitísimo o  voso esforzo, ilusión e colaboración!!!!!!!

 
Aquí tedes estas grandes interpretacións:

  ¡Qué risa de huesos! - Germán (1º EP)



Carabuñas - Marcos (6º EI)  



Yaiza (3º EP) e Kevin (1ºEP) 



Hansel y Gretel - Nayra (5º EI)





¡A min non me comas! - Aroa (3º EP) e Mateo (5º EI)



O noso Samaín - Noa Cancela (2º EP)




¿Quién tiene miedo? - Mateo (5º EI)


Teño medo - Carmen (3º EP)



Os esqueletos divertidos - Familia de Carmen (2º) e de Lucía (2º) e Leo (5º EI)



Corre, corre, Cabaciña - Familia de Oliver (4º EI)


Noche de fantasmas - Rodrigo (5ºA EP)
 



Onde viven os monstruos - Mariña (4º EI)
 


La casa del pueblo - Daniela, Ainhoa e Claudia (6º EP)



 

                                 MOITÍSIMAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN 


luns, 19 de outubro de 2020

CELEBRAMOS O 24 DE OUTUBRO, DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES CON XEOGRAFÍAS LECTORAS

 O lema elixido para as bibliotecas escolares de Galicia de cara a este curso é XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR.

Cada libro que o alumnado ten a oportunidade de ler é unha ocasión para ampliar a súa imaxinación e aumentar os seus coñecementos, de aí a importancia da selección de lecturas que se pon ao seu alcance.

 Atravesar o mapa da lectura pode facerse desde distintas ópticas, comezar a viaxe desde distintos portos:

- Pescudar nas lecturas que convidan a viaxar, a explorar, a investigar. Lecturas que nos permiten chegar lonxe sen movernos da escola (ou da casa). Lecturas que axudan a incentivar o inconformismo, a necesidade de coñecer outros mundos, de ampliar a nosa visión, de "ler o mundo".

- Descubrir a capacidade reparadora da lectura. 

- Deixarse levar polas relacións entre cartografía e literatura,  que convidan á aventura (debuxar mapas que representan mundos coñecidos e mundos imaxinarios, ...).

XEOGRAFÍAS LECTORAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR convida a explorar todas as posibilidades da lectura: en calquera soporte, en calquera formato, con calquera finalidade, neste caso lecturas que nos axuden a comprender mellor o noso mundo e lecturas que nos axude a entender o mundo dos outros...

Nesta primeira actividade que propuxemos, o noso alumnado comparte con toda a comunidade educativa os libros que lle lles permitiron deixar voar a súa imaxinación durante o confinamento e o tempo de vacacións previo ao comezo das clases. Aquí compartimos con vós a súa selección .

Desexámosvos unha moi boa viaxe a través da súa lectura!!!!




martes, 13 de outubro de 2020

NOVAS NORMAS DA BIBLIOTECA

Como xa sabedes, este curso non podemos usar a biblioteca como o facíamos antes. Grazas as caixas viaxeiras temos un cachiño de biblioteca en cada clase, non é o mesmo pero temos algo moi importante... OS LIBROS! 
Ao longo do curso esperemos que poidades visitar a Nuno no seu recuncho, e non só de xeito virtual. Porque a biblioteca está chea de libros, pero neste recuncho falta algo aínda máis importante que os libros...faltan os nenos e nenas!


                           A biblioteca está baleira sen vós!


É necesario seguir as novas indicacións para o uso dos libros, aquí atopades un enlace ao Protocolo Biblioteca  onde se explica como manipular os libros, como son os empréstitos e devolucións, o aforo e a organización do espazo.    

xoves, 8 de outubro de 2020

MISTERIO RESOLTO



Como non podía ser doutra forma, as caixas estaban cheas de libros!

Este curso, de momento, non podemos usar a biblioteca no recreo, polo que Nuno levou a cada aula un cachiño de biblio: unha caixa viaxeira chea de libros.