venres, 28 de maio de 2021

A NOVA BIBLIOTECA



 Fai xa unhas semanas publicábamos a chegada de novos mobles, mobles cos que buscábamos unha biblioteca máis dinámica que permitise adaptar o espazo a diferentes actividades. Hoxe mostramos ese cambio.

A colocación das mesas permite a consulta de libros:



E outro día pode transformarse no "escenario dun roubo" e ofrecer un gran espazo para realizar todo tipo de actividades:




Por certo, nas primeiras imaxes vemos ao alumnado de 1º consultando libros sobre o espazo, xa que investigaron sobre Plutón para presentar un proxecto a Galiciencia, comparto o enlace para que poidades ver o resultado deste proxecto (e votar con 5 estreliñas quen queira!)

01 As doce preguntas de Plutón – galiciencia.online


martes, 25 de maio de 2021

MÁIS LIBROS

 Hoxe temos unha nova publicación de libros recén chegados:


Inventario ilustrado das árbores 
 Cinco minutos de paz
 O que a serea esquenceu 
 Non te amola! 
 Inventario de insectos 
 Inventario de flores 
Akna. Os mariñeiros da terra de xeo 
 Onde estará a miña gravata 
 Un pouco perdido
 oso bomozo 
Paxaros
Grazas, historia dun rueiro 
Na cola para a arca 
Os fantasmas non petan na porta
O camiño 
 Na procura do medo esquecido. Catálogo de criaturas mitolóxicas e fantásticas de Galicia 
Ernesto, o elefante 
A estraña visita 
Marosa e Mariña camiñan a Compostela 
 A boneca de Lucas 
Daniela e as mozas pirata
 Daniela pirata
Inventario ilustrado de animais con cola
Pequeno botón 
 Daniela Pirata e a Bruxa Sofronisa 
Pulga xigante
A visita dos troles
Onde estás caracol
 Achís! 


xoves, 20 de maio de 2021

LIBROS NOVOS

 Xa levábamos un tempo sen publicar novo material, pero segue chegando, aquí tedes as últimas novidades:


JUNGLA URBANA. ANIMALES DE 38 CIUDADES 
 CON CALMA. 50 HISTORIAS DE LA NATURALEZA 
A AVOA DO CEO 
SABELA, ALMIRANTA DOS MARES DO SUR (HISTORIA DAS EXPLORACIÓNS GALEGAS) "Almiranta dos mares do sur" 
NON PARE A FESTA "É tempo de entroido" 
A VIDA DA HORTA ECOLOXICA
 LEONARDO DA VINCI. DESCUBRE O MUNDO DE LEONARDO A TRAVÉS DO DIARIO DO SEU APRENDIZ 
SIN AGUA NADA ES POSIBLE 
 ¿CUÁNTO CALOR ES UN GRADO MAS? "¿Qué pasa con el cambio climático?"
 BASURA. TODO SOBRE LA COSA MÁS MOLESTA DEL MUNDO 
¿QUÉ LE PASA AL TIEMPO? 
EL LIBRO DE LOS ASTRONAUTAS
 YA SOY MAYOR Y PUEDO SALVAR EL PLANETA 
 EL PIANO DE NINA SIMONE
OS ANIMAIS DE FRAGUAS 
PAPÁ

sábado, 15 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS

 Foron varias as actividades que se levaron a cabo ao longo da semana no centro: elaboración dun mural, recitado de poemas, carreira pola lingua... compartimos uns vídeos onde se recopilan todas estas actividades.










xoves, 13 de maio de 2021

AS FAMILIAS TAMÉN CONTAN: LETRAS GALEGAS

Nuns días celebraremos as letras galegas, este ano adicadas a Xela Arias. O longo desta semana as familias foron convidadas a compartir as súas lecturas dende a casa ou dende a biblioteca.
Coma sempre que facemos propostas a resposta pola vosa parte é marabillosa e agradecemos un montón poder contar con vós. 

Mostrámosvos os recitados destes días, moitos decantáronse pola obra da homenaxeada este ano, pero tamén hai poesía de Manuel María e de Rosalía de Castro.

Da clase de 1º de EP:

Noa

 Mateo

Laura

Germán

Álvaro

Da clase de 2º:

Carme

Luna

Valentina

Borja


Xián e Xoel


Ana 

 Da clase de 3º de EP:

Desirée

Carmen

Da clase de 6º de EP:

Anxo



As familias de infantil tamén participaron, pero dun xeito un pouco diferente, viñeron ao cole para lerlle aos compañeiros do seu fillo/a. Mostramos unhas fotos destas lecturas:

4º EI

5º EI

6º EI

MOITAS GRAZAS!



martes, 11 de maio de 2021

ENCONTRO VIRTUAL CON ÉRICA ESMORÍS

 O alumnado de 3º e 4º de educación primaria tiveron un encontro virtual con Érica Esmorías, autora do libro "Patio de Luces". Unha nova adaptación aos tempos do Coronavirus, para poder coñecer máis de cerca a esta escritora.

                                                

     






martes, 4 de maio de 2021

DÍA CONTRA O ACOSO

E aquí temos o resultado da actividade proposta dende o equipo de convivencia, xuntos prohibiremos o acoso escolar. Pinchade no enlace para acceder ao vídeo que tamén se mostra na páxina web do centro.



UNIDOS CONTRA O ACOSO

domingo, 2 de maio de 2021

DÍA INTERNACIONAL CONTRA O ACOSO ESCOLAR

O 2 de maio é o Día Mundial contra o acoso escolar, un grave problema que afecta a millóns de escolares en todo o mundo e que causa unhas 200 mortes de forma directa cada ano. Esta iniciativa, nacida no ano 2013 a partir da presentación do Dr. Javier Miglino, fundador da ONG Bulling Sin Fronteras, foi aprobada pola UNESCO o mesmo ano, co fin de axudar á concienciación deste problema. 

Para traballar sobre este tema tan importante NUNO aporta unha selección de libros que xa están repartidos polas aulas:


Ademais dende o equipo de convivencia proponse unha actidade para levar a cabo o luns, para axudar a concienciación do alumnado sobre a importancia de actuar nos casos de acoso, buscando identificar o acoso escolar e PROHIBILO. Nas aulas tamén se traballarán propostas de COGAMI.