Un ano máis, conmemoramos o DÍA DAS ESCRITORAS, o 18 de outubro, e co gaio desta festa da escrita, a comisaria para esta edición, Marifé Santiago Bolaños, fai esta interesante reflexión:
"Os libros escríbense só para unha lectora, a que os fai estar de novo cando os le. Por iso, a escritura vai dando conta das idades da vida e permítenos elixirnos, recuperarnos e soñarnos entre as páxinas dos libros. Dos libros que lemos, dos que leremos. Dos que se escribiron para nós, aínda que non os atoparamos aínda."
Dende a Biblioteca, contribuímos a esta conmemoración facendo unha selección de libros escritos por mulleres que levamos ás aulas, e coa recomendación de non deixar de soñar e indagar na procura do noso libro, ese que foi expresamente escrito para nós.