mércores, 23 de decembro de 2020

FELICES FESTAS

 Rematamos un gran trimestre. Xa empezou con un reencontro moi especial, despois de moito tempo sen clase, fómonos adaptando as novas normas, acostumándonos a participar nas propostas de Nuno a través de vídeos e fotos, a ter os libros en "cuarentena"... pero aínda con todo isto foi fantástico poder compartir día a día cos nenos e nenas, e foi fantástica a participación das familias. Moitas grazas por facer que este trimestre fora tan marabilloso!


FELIZ NADAL E PRÓSPERO ANO NOVO!



martes, 22 de decembro de 2020

Recomendacións lectoras para o Nadal

Como cada curso, compartimos con vós esta guía de lecturas recomendadas para que non se vos esqueza pedir un libro como agasallo aos Reis ou Papa Noel. Complementamos o tríptico que recibichedes no sobre das notas con este Genially que fixo Nuno para vós:


luns, 21 de decembro de 2020

O NADAL EN DIFERENTES PARTES DO MUNDO

 

Como xa sabedes, este ano as alumnas e alumnos do centro acompañamos a Nuno nas súas viaxes polo mundo.

Nesta ocasión investigamos sobre  como se celebra o Nadal nos distintos países que estamos a visitar.

Ademais aproveitamos a ocasión para gravar e dar comezo a andaina da nosa radio, xa que este curso estamos inmensamente felices de poder formar parte do proxecto RADIO NA BIBLIO. Aínda nos queda moito por aprender e organizar pero é o noso primeiro contacto.

Pinchando nas distintas tarxetas poderedes escoitar os resultados das investigacións levadas a cabo polas distintas clases do centro.







mércores, 16 de decembro de 2020

NADAL NOS FOGARES

 Recibimos contos de Nadal, panxoliñas, moito "espíritu navideño" pola vosa parte, agradecémolo un montón, pois a pesar das circunstancias tan complicadas destas últimas semanas hai moita ilusión nos vosos vídeos. Esta ilusión non pode faltar pois estamos rodeados de nenos e nenas que nos fan ver estas datas con moita alegría. 

Compartimos os vídeos para que todos desfrutedes:

Carme 3ºEP e Mario 4ºEI


 Mariña 4ºEI

Eduardo 6ºEI e Celia 4ºEI

 Germán 1ºEP e Fabiola 5ºEI

 Iago 5ºEI


 Desiree 3º EP

 Óliver 4ºEI

 

 Martín 4ºEI

 Carme 2º EP

 Rodrigo 5º EP e Mateo 1º EP

 Noa Muñiz 2º EP

 Marcos 6ºEI

venres, 11 de decembro de 2020

EMPEZAMOS COA DECORACIÓN DE NADAL

 Como podíamos facer unha árbore de Nadal? Pois con libros! 

O alumnado de 5º e 6º axudou a baixar un lote de libros para montar unha árbore moi especial, pois xa estamos desexando que chegue o Nadal, cantar panxoliñas, decorar o cole... e como non, encher o blog da alegría desta época do ano. Hoxe comezamos compartindo esta árbore, co equipo de biblioteca, dentro duns días queremos compartir os vídeos feitos nas casas, animádevos a participar!






xoves, 10 de decembro de 2020

COLABORADORES DA BIBLIOTECA EN ACCIÓN

 Como anunciábamos fai uns días, este curso Nuno conta con moitos colaboradores das diferentes aulas. Esta vez son os colaboradores de cuarto de primaria os que nos explican o préstamo da mochila viaxeira.


Moi ben explicado, grazas!



xoves, 3 de decembro de 2020

BAIXO O MESMO PARAUGAS

Dende este recuncho de Carballo querémonos unir a unha iniciativa que xa leva uns anos funcionando para celebrar conxuntamente o Día Internacional das Persoas con Discapacidade e reinvindicar os seus dereitos. Esta iniciativa que promoven diferentes asociacións do eido da discapacidade é "Baixo o mesmo paraugas"









martes, 1 de decembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

 Empezamos o mes máis máxico do ano, pero antes de chegar ao tan ansiado Nadal, temos moitas cousas que contar...

A primeira conmemoración importante terá lugar o próximo día 3, que é o día internacional das persoas con discapacidade. É un día para concienciar de que somos diferentes pero temos os mesmos dereitos.

"As persoas, ao igual que as aves, son diferentes no seu voo, pero teñen o mesmo dereito a voar"




Compartimos algúns curtos para traballar sobre este tema:





E por último unhas recomendacións de lectura:









EXPERIMENTOS INFANTIL

Para despedir o mes de novembro, un mes con moita ciencia, compartimos un experimento que fixeron en infantil. 





Nunca deixedes de experimentar!

luns, 30 de novembro de 2020

EXPERIMENTOS: MES DA CIENCIA EN GALEGO

Vaia científicos e científicas hai neste cole!

Unha vez máis temos que agradecer a gran acollida que teñen as propostas de Nuno. Estamos tan felices e emocionados de ver como a pesar da situación que estamos a vivir podemos seguir colaborando xuntos aínda que sexa na distancia.

Compartimos todos os experimentos que nos chegaron. Son xeniais!!!!! Ademais seguro que os nenos e nenas aprenderon moito con esta experiencia e as vosas achegas van permitir que se siga experimentando nas casas, intentado realizar os diferentes experimentos que compartistes. 

 Paula 2ºEP

 

Jimena 5ºEI

 

Carmen 3º EP

 

 Rodrigo (5ºA) e Mateo (1ºEP)

 

Valentina (2ºEP) e Lorenzo (5ºEI)

 

Noa Otero 1º EP

 


Mario 5ªB

 


 
 
Martín 4º EI
 
 
 
Nayra 5ºEI

 
 
Xiana 4ºEI

 
 
Aroa 4ºEI

 

Iago 4ºEI

 

Yannick 4ºEI

 

Manuel 5ºA EP

 

Joel 3º EP

 

Nico 1ºEP e o seu pai Sebas

 

Enzo 4ºEI

 

Lucía 4ºEI e o seu pai Martín

 

Iago 5º EI

 

Lucía (5ºA EP) e Marta (6ºEI)

 
 
Andrea 6ºA
style="text-align: center;">
Diego 5ºA EP

Rodrigo 2ºEP
 

Hugo Martínez 4ºEI
 
Moitas grazas familias, xa estamos a preparar a próxima, porque para nós é moi importante contar con vós!!!!

domingo, 29 de novembro de 2020

COLABORADORES DA BIBLIOTECA



Todos os cursos Nuno conta con varios colaboradores que lle axudan ao bo funcionamento da biblioteca. Este ano tamén contaremos con axudantes, aínda que con algún cambio.

Habitualmente son os alumnos e alumnas máis maiores os que axudan na biblioteca, e ainda que este curso serán os que teñan máis misións no recuncho de Nuno, xa dende os primeiros cursos hai nenos e nenas que colaboran na biblioteca de aula: fan rexistro de préstamos e devolucións, mantéñena ordenada...


AULA DE PRIMEIRO


AULA DE SEGUNDO

                         

                                                                   AULA DE TERCEIRO

                                     

    AULA DE CUARTO



AULA DE 5ºA


AULA DE 5º B


AULA DE 6º A


AULA DE 6º B



A pesar de todas as adaptacións que hai que facer este curso é moi importante seguir contando con alumnado que se implique tanto na biblioteca. Pouco a pouco iremos contando que novos retos teñen os axudantes máis maiores.

venres, 27 de novembro de 2020

NOVOS LIBROS!


Entre tantas actividades e tantas conmemoracións deste mes de novembro, temos que anunciar que un novo lote de libros chegou á biblioteca.



Os exemplares novos son:

- Versos para Musas

- A escaleira

- A nena que abrazaba as árbores

- Aleida. II Cruzada

- Baixo terra

- Na ribeira

- Dúas moedas

- Esca

- Camiño Francés

- Nana para un soldado

- Pippi mediaslongas nos mares do sur

- Era dúas veces o Barón Lamberto

xoves, 26 de novembro de 2020

MOCHILAS VIAXEIRAS

 Nuno xa recompilou libros e películas de todos os países que quere visitar e xa están nas mochilas viaxeiras preparadas para saír para as vosas casas. 

Esta temporada na que é tan complicado viaxar fisicamente podemos transportarnos aos diferentes lugares aos que nos levan os libros. Podemos coñecer as curiosidades dos seus monumentos, un pouco de historia, aprender cos mapas...

Tamén inclúe un Caderno de Bitácora, é dicir, un libro en branco para que cada vez que a mochila visite un fogar traia unha nova historia. Tedes todas as instrución na mochila.

MOCHILAS DE INFANTIL

As mochilas de infantil tamén inclúen libros sobre os seus proxectos.


MOCHILAS DE 1º E 2º

MOCHILAS DE 3º E 4º

MOCHILAS DE 5º


MOCHILAS DE 6º


Esperamos que desfrutedes da viaxe familias!



mércores, 25 de novembro de 2020

ACTIVIDADES 25 - N

 

Hoxe día 25 de novembro é o DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. 

No colexio ao longo desta semana e a anterior estivemos realizando actividades para tomar conciencia e denunciar esta lacra social.

As alumnas e alumnos de educación infantil estiveron lendo o conto de Arturo e Clementina. No seguinte vídeo poderedes ver as valoracións e conclusións que sacaron. Fixeron un traballo estupendo!!!!




 Pola súa parte, o alumnado de educación primaria estivo investigando sobre a situación da muller en distintos países do mundo. Estes países son os elixidos para traballar ao longo deste curso escolar dentro do noso proxecto anual "A Volta ao mundo con Nuno". Como poderedes ver no seguinte vídeo, a situación segue sendo moi preocupante e desoladora.


Ademais destas actividades propostas polo equipo de convivencia fixéronse outros traballos para concienciar sobre a violencia de xénero, achégase unha pequena mostra:





Dende aquí TODOS E TODAS UNIDOS queremos dicir: 

NON Á VIOLENCIA DE XÉNERO!!!!

 






martes, 24 de novembro de 2020

ACTIVIDADES DÍA DA INFANCIA


 Hoxe queremos compartir as produccións do día da infancia.

Na publicación do día 20 xa poidéchedes ver a lectura manifesto do alumnado de quinto, coa axuda do equipo TICs do cole.

Na mesma publicación tamén se compartía a fantástica producción do alumnado de infantil que pensaron o que querían debuxar co lápiz máxico do que falaba Malala no seu conto. Entorno a este conto xiraron as actividades das demais clases:


                



                      





A clase de segundo animouse con un baile, pinchade no enlace para ver o ben que o fan.

JERUSALEMA CHALLANGE

#BibliotecasSTOPViolencia

 

O día 25 de novembro é o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. A non-violencia trabállase a diario no colexio, pero este día imos falar máis concretamente da violencia de xénero para concenciar a todo o alumnado desta problemática. 
E aproveitando que Nuno anda de viaxe imos investigar sobre a Violencia de Xénero nos diferentes países que visita para facernos unha idea de como está a situación arredor do mundo. Nuns días amosarase no blog o resultado desta investigación.


venres, 20 de novembro de 2020

DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA

 

Hoxe venres 20 de novembro celébrase o DÍA UNIVERSAL DA INFANCIA. Ao longo desta semana,como xa vos contamos, nas distintas aulas estívose levando a cabo actividades relacionadas cos dereitos dos nenos e nenas. 

No seguinte vídeo poderedes ver unha mostra do que aprenderon e reclaman os nenos e nenas de educación infantil. 



Este día sérvenos para concienciarnos e concienciar á sociedade sobre a importancia de seguir esixindo que se cumpran os dereitos dos nenos e nenas en todas as partes do mundo.

O alumnado de 5º de Educación Primaria colaborou para realizar este GENALLY onde se enumeran un resumo dos dereitos dos nenos e nenas. Serve de lectura-manifesto para dar a coñecer e reclamar que se respecten. Utilizamos un cartel de UNICEF e pulsando no "play" (debaixo de cada dereito) poderedes escoitar cada un deses dereitos de obrigado cumprimento. 

xoves, 19 de novembro de 2020

NOVA VIAXE

 

                         

Atopáchedes a diferenza?

Si, nenos e nenas, Nuno volve a viaxar. Despois da expedición Balmis, Nuno volve a coller a maleta para facer unha nova viaxe.



Será a Volta ao Mundo en 80 días como dicía Julio Verne? NOOON vai durar todo o curso! Pero si que percorrerá algúns dos países que visitou Phileas Fogg, e icluso algún máis. A volta ao mundo neste fantástico libro comeza no Reino Unido, país que coñecerá un pouco mellor a aula de segundo. Despois Phileas Fogg vai a Francia da man de primeiro. Pasaremos por Exipto con 5º e xa que estamos en África daremos unha volta por Sudáfrica con 4º de infantil. A seguinte parada é a India cos sextos. Os de infantil máis maiores volvéronse orientais, 5º visitará China e 6º Xapón. E non nos ía quedar o continente Americano sen visitar, 3º e 4º daranlle ritmo con Brasil.

Imos aló!