venres, 25 de outubro de 2024
xoves, 24 de outubro de 2024
DÍA DAS BIBLIOTECAS
Dende 1997 celébrase o Día das Bibliotecas o 24 de outubro, unha conmemoración impulsada pola Asociación de Amigos del Libro Infantil y Juvenil.
O lema deste ano, "Por un futuro sostible", pretende destacar o papel fundamental que desempeñan todas as tipoloxías de bibliotecas (públicas, escolares, universitarias, especializadas e nacionais/rexionais) na consecución dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible da Axenda 2030.
No noso centro quixemos conmemorar o día facendo unha entrevista moi especial á concelleira de bibliotecas, arquivos e Normalización do concello de Carballo Ángeles Pacoret. Premendo sobre os enlaces podedes escoitar as nosas locutoras Ana e Luna de 6º de primaria.
martes, 22 de outubro de 2024
TEATRO LIDO- FIOT 2024
Un ano máis o Concello de Carballo organiza o Certame de Teatro, FIOT, incluíndo a sección de Teatro Lido, coa participación dos centros educativos.
O alumnado de 6º de primaria, preparou a versión dunha obra moi divertida e sorprendente: "A mentireira historia da Carapucha verdadeira".
A elección deste libro, autoría de Serafín Parcero, estivo vencellada á temática do Fiot para este ano, "Os clásicos", e pareceunos ideal falar sobre varios contos clásicos que se reúnen nesta divertida e actualizada obra.
Premendo sobre a imaxe, podemos ver en acción aos participantes e desfrutar das súas dotes interpretavivas.
Fomos seleccionados para a gravación nunha emisora profesional, e aquí vemos aos participantes, locutando nun auténtico estudo. Crucemos os dedos para ver se pasamos á final, pero aínda que non sexa así, xa somos gañadores por superar a 20 centros que quedaron no camiño.
Felicidades!
martes, 15 de outubro de 2024
DÍA DAS ESCRITORAS
14 DE OUTUBR0- DÍAS DAS ESCRITORAS
Onte celebramos o Día das Escritoras, homenaxeando o talento e a forza das mulleres na literatura. Elas contan as súas historias deixando unha pegada fonda, non só nos libros; ofrécennos emocións que perduran no tempo.Recollendo a ilustración que publicou para este ano O Portal de Bibliotecas de Madrid, o alumnado fixo unha creación dixital, que recompila citas de escritoras famosas : "ELAS CONTAN" e as súas palabras teñen o poder de tocarnos profundamente.
Esta foi a achega de 4º primaria.
sábado, 12 de outubro de 2024
O CONTIDO DA MALETA VIAXEIRA
A equipaxe desta maleta, non son soamente libros, senón tamén xogos que estimulan a imaxinación e a cretatividade.
Aquí vemos ao alumnado de 4º desfrutando cun xogo moi divertido.
xoves, 10 de outubro de 2024
MALETA VIAXEIRA
Un ano máis, imos de viaxe con equipaxe extra:
A maleta viaxeira está na Biblioteca de Nuno!
Nesta primeira andaina, traballamos a Maleta creativa. Podedes premer no enlace "BIBLIOTECA CREATIVA" para ver o seu contido.
Coa axuda do voluntariado, distribuímos por aulas o contido e gozaremos destas publicacións durante este mes de outubro.