venres, 28 de outubro de 2016

SAMAÍN!

Se queredes desfrutar nestes días  de Samaín, que mellor forma de facelo que lendo estes libros tan "terroríficos":



   

Tamén tedes este xogo LIM tan interesante:





Na biblio atoparedes a sección "libros de Samaín" para o préstamo.



GRAZAS aos nenos e nenas de 6º de E.P., puidemos desfrutar esta semana dunhas lecturas moi especiais.

Martín e Eloy léronlles aos nenos e nenas de 3º E.P.:
 "A miña veciña é unha bruxa"



Sara, Luz e Paula léronlles aos nenos e nenas de 5º E.P.:
 "Non hai escapatoria. Capítulo I: A muller espíritu"


Marieta e Noelia léronlles aos nenos e nenas de 6º E.I.:
 "A bruxa regañadentes"






Andrés e  Gabriel léronlles aos nenos e nenas de 2ºA e 2ºB E.P.:
 "O aprendiz do home do saco"







Daniel e Brais léronlles aos nenos e nenas de 4º E.I.:  ¡Monstruo, sé bueno!




Alejandra e Alba.P léronlles aos nenos e nenas de 5º E.I.:
"Un conto cheo de lobos"






luns, 24 de outubro de 2016

Día das bibliotecas!!



 Ledicia Costas (Premio Merlín 2016)


"Alguén me contou que o 24 de outubro é o Día da Biblioteca. Sería xenial organizar unha festa con confeti e pompas de xabón. Celebrala ao grande. Encantaríame vestirme para tal ocasión como o personaxe dalgún libro, sentarme na mesa dunha biblioteca da cidade onde vivo e esperar a que fosen visitarme.

Nas bibliotecas podes ser quen ti queiras. Desde Mary Poppins ata Matilda, Atreyu, Drácula ou mesmo Pippilotta Viktualia Rullgardina Krusmynta Efraimsdotter Långstrump. Podes poñerte botas de pelo, plumas, zancos e chapeus. Chapeus! Iso é!

Imaxino a unha pequena lectora achegándose a min discretamente, atraída polas cores e formas do meu chapeu:
-- Sombreireira tola, que festa máis marabillosa! Sería tan amable de servirme unha cunca de té?" 


         No CEIP A Cristina non montamos unha festa de tal magnitude como nos describe Ledicia pero... tamén o celebramos LENDO, SOÑANDO, VIAXANDO.... a través dos contos.


Educación Infantil disfrutou dun estupendo contacontos amenizado pola profe BEGO, quen aproveitando as datas nas que estamos, escolleu:

    
   

Tamén recomendámosvos unhas lecturas moi interesantes!











Un saúdo!

venres, 21 de outubro de 2016

Actividades en REGO DA BALSA

Bos días!!


Deixámosvos o tríptico informativo da Biblioteca "Rego da balsa" de Carballo.

Durante o mes de Outubro e o mes de Novembro os nenos e nenas de entre 3-8 anos, poderán desfrutar de marabillosas historias contadas polos xa coñecidos:

 "RATOS DE LONXEDETODO".

(Animádevos a asistir, pasarédelo fenomenal)


Serán todos os mércores de 17h a 18:30.


(Con previa recollida de convite)






Se queres obter máis nformación, preme no seguinte enlace:




En colaboración  e co obxectivo de formar a  futuros usuarios das bibliotecas,  fomos invitados a asistir a un dos entretidos contacontos amenizados por este grupo de teatro.

En esta ocasión os nenos e nenas de 4 anos coñeceron que é moi importante: coidar os libros, ter un carnet de biblioteca, que os libros se emprestan para levar a casa pero hai que devolvelos sen estropealos, que a bibliotecaria é a persona que traballa na biblioteca...



Tamén puideron desfrutar desta estupenda actividade os nenos e nenas de 5 anos, primeiro e segundo de E.Primaria. 




venres, 14 de outubro de 2016

EMOCIONARTE


LIBROS DE INTERESE PARA LER OU INVESTIGAR SOBRE AS EMOCIÓNS

Libros de consulta

Mi primer Larousse del arte / Mercé Amat Cintas. Larousse.

El gran libro de las emociones. Parramón

Actividades para el desarrollo de la inteligencia emocional en los niños. Parramón
¡Qué emoción!  O como saber lo que se lleva dentro. SM
emocionario. Palabras aladas.
El emociómetro del inspector cocodrilo. Nubeocho. 
El arte de emocionarte. Nube de tinta
El arte tiene colores. Bruño
El arte tiene letras. Bruño.
Emocionario. Palabras aladas.
Océano travesía:
-       Paul klee.
-       Van Gogh.
-       Gauguin.
-       Goya.
-       Renoir.
-       Frida.
Un cuento y veinti3 sonrisas. La guarida.

Libros de lectura
En casa ¡Hay reglas! (Infantil e 1º ciclo)
Un agasallo diferente.
Por cuatro esquinitas de nada.
Enfadado.
Inés del revés.
Canto te quero profe.
A miña amiga a escuridade
A nena á que non lle deixaban ser feliz.
Artur e Clementina.
Amores de gato e rato.
Adivina cuanto te quiero.
El pez Arcoiris.
No me da miedo la tormenta (1º e 2º ciclo)
No me da miedo la oscuridad
Quen lle ten medo á araña.
Quen lle ten medo á bruxa.
Quen lle ten medo ao lobo.
Bicos de prata.
Ai que medo!
Amores de gato e rato.
Billy y el vestido rosa.
Ada nunca ten medo.
Billy Elliot (3º ciclo)
Amigos.
Grazas  a Winn-Dixie
Eu tamén son maniática.
Trece anos de Branca.
Un monstruo viene a verme.






ENLACES DE INTERESE PARA O PROXECTO

     



xoves, 13 de outubro de 2016

Mochilas viaxeiras 2016

Comenzan as andanzas das mochilas viaxeiras!!

Este ano, como novidade, todo o centro desfrutaráas nas súas casas e, o máis importante de todo, compartirémolas coas familias.

      A temática global escollida para traballar  (en colaboración do equipo de Biblioteca e o equipo de Normalización da Lingua Galega) serán:

as emocións, a arte, e o mundo que queremos.

     Nas diferentes mochilas, os contidos escollidos fan referencia a estas temática anteriormente citadas, sendo  seleccionados en colaboración do 
          equipo de biblioteca e os propios titores/as adaptándonos o máximo posible á idade, intereses e características dos nenos e nenas.


MOCHILA VIAXEIRA 4º EDUCACIÓN INFANTIL:

-       “Por cuatro esquinitas de nada”. Ed: Juventud.
-       “Mi enciclopedia de los niños del mundo””. Ed: SM.
-       “UP”. DVD.
MOCHILA VIAXEIRA 5º EDUCACIÓN INFANTIL:



-       “Rompecabezas”.  Diego Blanki.

-       “Las pequeñas y grandes emociones de la vida”. Montse Gisbert.

-       “BIG HERO 6”. DVD.

MOCHILA VIAXEIRA 6º EDUCACIÓN INFANTIL:


-       “El deshielo”. Riki Blanco. Ed: A buen paso.

-       Mi primer atlas de personas. Anita Ganeri. Ed: SM.

-       “WALL-E”.  DVD.

                                       MOCHILA VIAXEIRA 1º EDUCACIÓN PRIMARIA:



-       As historias da avoa Catarina.  Iñaki Zubeldia e Estibalitz Jalón.

-       “Increíble Mi Planeta”. Larousse.

-       “Hogar, dulce hogar”. DVD.

                                       MOCHILA VIAXEIRA 2º EDUCACIÓN PRIMARIA:



         “O porquiño”. Arnold Lobel. Kalandraka.
-        
-        “Bebés animales en peligro”. Donald Grant.

-        “Animales en peligro de extinción explicado por niños”. Ed. Oniro.

-        “El oso”. DVD.

                                       MOCHILA VIAXEIRA 3º EDUCACIÓN PRIMARIA:




-       “Tarzán de goma”.  Ole Lund Sushi books.

-       “Valores de oro”. Edi: Palabras aladas.

-       “Del revés”. DVD.

-       (Para os PAIS/NAIS): Aprender a educar.  Pedro García Aguado e Francisco Castaño Mena.

                                       MOCHILA VIAXEIRA 4º EDUCACIÓN PRIMARIA:



-       El club de los raros. Jordi Sierra  i Fabra.

-        “Mirar a pintura a través dos séculos”. Factoría K libros.

-       Cómo entrenar a tu Dragón”. DVD.

-       (Para os PAIS/NAIS): Aprender a educar.  Pedro García Aguado e Francisco Castaño Mena.


                                       MOCHILA VIAXEIRA 5º EDUCACIÓN PRIMARIA:



-       “El amuleto Yoruba”. Juan Miguel Sánchez Vigil.

-       “Descubriendo el mágico mundo de Leonardo Da Vinci”. Océano Travesía.

-       “El viaje de Arlo”. DVD.


                                       MOCHILA VIAXEIRA 6º EDUCACIÓN PRIMARIA:




-       Un monstruo viene a verme. Patrick Ness.

-       “Descubriendo el mágico mundo de Picasso”. Océano Travesía.

        “Una verdad  incómoda”. Documental - DVD


                           Espero que o pasedes fenomenal!

     Un saúdo!