Benvid@s a un novo curso bibliotecario!!!
Este ano as bibliotecas escolares están adicadas a:
"Aprender a pensar"
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións.
Aprender a pensar co cine e coa música.
Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas.
Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos para desenvolver o pensamento complexo.
O proxecto de investigación que nos vai a levar a pensar moito este curso é:
"AS MULLERES CONTAN"
COMEZAMOS!!