mércores, 20 de decembro de 2023

PREMIOS DO TEATRO LIDO

 Como xa publicamos, o alumnado de 5º de primaria ganou o certame do Teatro LIDO, organizado polo concello.

O premio obtido foi un vale para canxear nunha libraría que é quen figura como patrocinador. Decidimos "traducir" ese importe en xogos que dunha forma lúdica nos achegan á cultura dunha forma divertida.

Seguro que os nosos nenos e nenas recoñecen a importancia da súa boa interpretación radiofónica.

A desfrutar!




RECOMENDACIÓNS LECTORAS

 Un ano máis achegamos as nosas recomendacións de Nadal .

Son lecturas seleccionadas que nos pareceron axeitadas e interesantes. E quen sabe! Ao mellor Papá Noel ou Os Reis Magos coinciden coa nosa opinión e déixannos na casa estes libros como agasallo de Nadal!









NADAL NA BIBLIOTECA

Na biblio tamén celebramos o Nadal. Mirade que chula decoraron os voluntarios e voluntarias a biblio:



Este ano fixemos unha árbore moi especial, eleborada cos libros que pola súa condición poderían ser de expurgo, pero como son poucos , dicidimos darlles unha segunda vida (ou casi quinta ou sexta), e levalos para as aulas.

 Esta é árbore más  cultural do universo!





martes, 5 de decembro de 2023

EL HEMATOCRÍTICO

 Sentimos moita mágoa despois de coñecer o falecemento dun escritor coruñés ao que  o noso centro ten en moito aprezo, e que xa tivemos a sorte de compartir con el , xornadas literarias na biblioteca.

Por casualidades do destino, ao comezo de curso, eliximos a súa obra para traballar no centro, e curiosamente, este vai ser o noso homenaxe para el.


“El humor es mi forma de ver el mundo, no sé hacer las cosas sin él: ni educar, ni escribir, ni vivir…"  (El Hematocrítico")


Ata sempre, Miguel!

venres, 1 de decembro de 2023

ENCONTROS CON BIBLIOTECAS

  A biblioteca do  Concello de Carballo, "REGO DA BALSA",  convidounos a asistir a unha representación teatral , da compañía "GALEATRO", para homenaxear a Carlos o Xestal.


Acudimos 3º e 4º de primaria, e foi moi divertido e intersante, xa que descubrimos cousas que non sabiamos deste personaxe tan noso. Incluso tivemos a sorte de interactuar cos actores, poñéndonos na pel deste emblemático showman. 

Nin máis nin menos que HUGO, versus "O Xestal". Fantástica actuación! Do cole ao mndo da farándula, hai a carreiriña dun can! Mirade, mirade o vídeo!





luns, 27 de novembro de 2023

DIA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Cumprindo coa nosa obriga nesta conmemoración, quixemos visualizar esta efeméride, con bolboretas que engaden mensaxes relacionadas con este "asunto" que nos vencella a todos e todas.



Desde a bilioteca, puxemos as bolboretas a viaxar polo mundo en tren. Este traballo foi realizado con material de reciclaxe e moito amor e respecto por todas as mulleres.



MES DA CIENCIA

 Non quixemos deixar a oportunidade de sentir a ciencia ao noso carón, e fixemos unha selección de lecturas  que ambranguen a todos os niveis e contidos científicos en formado de cómic, xa que "Ler cómic, é ler", facendo acopio do lema deste ano "A biblioteca escolar en viñetas".

Nos corredores deixamos as nosas propostas para traballar durante este mes, á nosa elección.




mércores, 22 de novembro de 2023

XORNADA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES

 Un curso máis,  o Equipo da Biblioteca, formou parte da formación impartida en Santiago.


Foi unha xornada moi completa  que recolleu un amplo abano de temas:

  -As Bedetecas como fondos imprescindibles.

  -Experiencias doutros centros

  -Obradoiro de Intelixencia Artificial

  -A Banda deseñada

 -As redes sociais

-A desinformación  e as fake news


     O lema deste ano, "A biblioteca Escolar en viñetas" tivo una representación especial, ata o punto de ilustrar cada conferencia cun deseño debuxado a tempo real, por suposto en clave de viñeta. 


Estes foron os libros recomendados por autores, ilustradores e libreiros que sitúan ao cómic no posto que merece:



A lectura do cómic  ofrece moitas posibilidades como:

        - dar alternativas á realidade imaxinando e creando novas realidades.

         -o poder de encher os espazos baleiros de texto nas imaxes.

         -unha imaxe fixa, crea na mente unha sucesión de movementos e secuencias narrativas do antes e do despois.

         - a importancia que se lle concede á palabra escrita dun xeito manual, e de aí a interiorización da escrita para o alumnado.

         -a sabedoría da concreción, escribindo con moi pouca secuencia de palabras unha mensaxe significativa.

         - a infinidade de temas a traballar: aventura, historia, ciencia, valores, sociedade....







NOVA ADQUISICIÓN DE FONDOS

No nosa labor de renovar e innovar a biblioteca cada ano,  acabamos de adquirir novos fondos, pensando en todas as etapas e niveis.



Eses fondos inclúen: libros informativos, teatro, e cómic. Este último xénero é o homenaxeado neste curso polas Bibliotecas Escolares " A biblioteca en viñetas", e queremos darlle  visibilidade , xa que a través da imaxe, podemos dar un paso máis adiante na educación inclusiva, alén do atractivo a e imaxinación que esperta a lectura dun cómic.



luns, 20 de novembro de 2023

GAÑADORES DO CERTAME TEATRO LIDO

 Un ano máis o noso centro participou no certame "Teatro Lido" organizado polo Concello de Carballo.

O alumnado de 5º de primaria preparou unha versión  da obra "Cataventos e Cia", escrita por Celia Díaz Núñez.


Nunha primeira selección, tiveron a oportundade de facer a gravación nunha emisora de radio local, para despois facernos co primeiro premio na categoría de Primaria. 

E así estamos de fachendosos co merecido premio, despois do traballar arreo!

Desfrutade da gravación, premendo na seguinte foto!








luns, 30 de outubro de 2023

SAMAÍN NAS ONDAS

 Desde


Tivemos a oportunidade de desfrutar cos contos de medo que  escribiron  catro nenas de 6º de primaria: Adelaida, Aroa, Natalia e Ainara.

   Si, si... oíchedes ben! Elas mesmas escribiron as súas historias e despois decidiron contárnolas na radio. Foi unha actividade conxunta co departamento de Normalización da Lingua Galega que estivemos encantadas de compartir.

Se premedes na imaxe, podedes escoitar as súas terroooooooooríficas historias!




martes, 24 de outubro de 2023

DÍA DAS BIBLIOTECAS

 Desde  



 conmemoramos este día coas entrevistas ao noso equipo directivo do cole:

 a directora, a xefa de estudos e a secretaria.

  As preguntas formuláronas  4º,5º e 6º de primaria; preparamos o guión e sentámolas na radio para escoitar como era a biblioteca do cole cando elas eran nenas, as súas preferencias lectoras... e para coñecelas mellor.

Aquí vai a primeira, a entrevista con Patricia, a dire. 

Premede na imaxe e podedes escoitar a entrevista. Xa veredes que interesante!







DÍA DAS BIBLIOTECAS (1)

 




luns, 23 de outubro de 2023

SAMAÍN

 


     Nos corredores presentamos a escolma dos libros elixidos para traballar o Samaín.  Por suposto non podían faltar as nosas mascotas Nuno e Nuna, engalanados para a terrorífica ocasión!



luns, 16 de outubro de 2023

DÍA DAS ESCRITORAS

Neste día tan importante no que  estamos fachendosas do noso traballo como escritoras, decidimos festexalo coa lectura de libros escritos por mulleres, libros que nos mergullan no gozo, na alegría e a risa pero facendo eco tamén do sacrificio que algunhas superaron con moita dignidade.

Esta foi a escolma que Nuno nos brindou onde lemos poesía e teatro de cinco mulleres, adaptados para os niveis de 2º a 6º de primaria.

E aquí temos aos nosos protagonistas en acción.